I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 193-194 [= LPGP 672-673]); Cohen (2003: 270); Littera (2016: II, 159).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 146); Braga (1878: 73); Machado & Machado (1953: IV, 101).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 172).
1 bõa] boa B 3 vivi] muj B 13 querrei] q̅irey B; viver] auier V 14 eu] en V 18 querrei] q̅irey B
6 eu] ei Cohen 12 quix] quis Cohen; [sempre]] om. Nunes, Littera 15 [e]] om. Nunes; ben] [mui] ben Nunes 16 sab[e] al] sab’[el] al Cohen 18 por ende melhor] por én mais Nunes 19 quer’] quer[o] Nunes, Cohen, Littera 20 mi dé de con el] mi dê de [já] con el Nunes : mi dé de con el[e] Cohen : mi dé de com el[e] Littera
(I) Ai amiga, abofé, nunca pensei, desde que nacín, vivir tanto como vivín aquí onde está o meu amigo: sen o ver e sen lle falar e desexándoo tanto!
(II) E, se non, Deus non me perdoe se eu me fose de aquí, tanto se esforza en me servir o señor do meu corazón, o meu amigo, que está aquí, a quen sempre quixen ben, desde que o vin, (III) e quererei, mentres viva o que teña que vivir; e ben sei que o meu amigo non sabe querer ben outra cousa, excepto a min, e aínda vos direi máis: sempre por iso lle quererei eu aínda máis (1) do que lle quero, e que Deus me dea poder de vivir con el.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 10c (= RM 160:362) + 7a 7a (= RM 160:362)
Esta composición, igual que as cantigas 74, 85, 239, 315, 321, 389 etc., presenta total ligazón interestrófica a partir da segunda estrofa, que está unida copulativamente coa primeira, susceptíbel, por tanto, de ser considerada unha cantiga ateúda atá a fiinda. Cfr. notas ás cantiga 55 e 92. Véxase notas ás cantigas 15 e 24.
Tal carácter de cantiga ateúda atá a fiinda explica a emenda coheniana no v. 6, onde transforma o suxeito eu na forma verbal ei, para ligar máis explicitamente as dúas primeiras estrofas.
Os vv. 6 e 18 mostran como o derradeiro verso estrófico ten de ser un decasílabo, que nesta estrofa comparece como octosílabo: é por isto que se torna necesaria a reintegración do adverbio sempre, moi frecuente nos contextos en que se rexistra a expresión querer ben.
Cohen considera que a rima -er [er] de viver (futuro de subxuntivo) co infinitivo querer (v. 13) é anómala por considerar erradamente que a vogal da desinencia do futuro de subxuntivo nos verbos regulares tamén é aberta, feito fonético que se produce nese tempo nos verbos irregulares (véxase tamén 820. 13 e 1274.5).
A reintegración da copulativa no inicio do verso (neste caso explicitada cun espazo en branco en B) está sustentada, ademais, pola súa frecuente omisión por erro de copia nesa posición, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). Noutros casos, a métrica e/ou o sentido indica que a copulativa debe ser recuperada (véxase 6.14, 60.27, 103.18, 110.3 e 17, 230.5, 271.5 etc.). Cfr. nota a 42.15 e 274.19.
O texto fixado en Nunes parte da existencia de idéntica medida de todos os versos, feito que o leva a modificar de modo importante a lección enviada polos manuscritos (no v. 6 é de supor que o editor portugués computaba as sinalefas *e‿ave-lo‿eu para reducilo a oito sílabas).
No corpus das cantigas profanas, as construcións dos verbos desejar / nembrar / querer + senon mi(n)/vós (véxase tamén 674.3-4, 689.8-9, 708.16-17, 928.2) non presenta a preposición a, dun modo similar ao que acontece nas construcións amar máis ca mí/min (nen al) e querer melhor ca mí/min (véxanse notas a 44.13 e 177.22) e mais querer maior ben / ben maior ca mi(n)/sí (véxase nota a 679.5-6).
Mantemos a hipometría da fiinda, aínda recoñecendo que sería posíbel a reintegración de elementos en cadanseu verso para regularizar a medida (quer[o], el[e]). O respecto da unánime lección ofrecida por BV deriva da existencia de cantigas que presentan combinacións métricas similares (regulares de versos decasilábicos con un eneasílabo, véxase 970, 1043 ou 1508), e, sobre todo, de cantigas en que a fiinda presenta unha sílaba menos (véxase 759).