I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 215-216); Radulet (1979: 64 [= LPGP 267]); Littera (2016: I, 283-284).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 85); Braga (1878: 43); Machado & Machado (1952: III, 264).
1 vos] uos BV 2 vos] uos BV; vos] uos BV 7 non] nō B; vos] uos BV; vos] uos BV 8 per-mesura] Pre mesura B : pre musura V 9 vos] uos BV 10 ouv’a poer] Ouuaroer B : ouua roer V; coraçon] corazō B 13 sobre todas] sobro todos V 14 vos] Vos B : uos V; fez] sem V 15 mesura] messura V; outro] o outro BV 16 no meu] uomeu V; coraçon a poer] coracom arder BV
6 come] como Nunes 8 per-mesura] fremosura Nunes : fremesura Littera 9 todo] tod(e) Nunes 10 coraçon] corazom Radulet 15 todo] todo o Nunes, Radulet, Littera
(I) Ai boa dona, así Deus vos perdoe, que non vos cause pesar o que vos direi: eu vivo en coita, porque teño unha señora moi fermosa e resolvín falar convosco, porque non coñecín señora que semelle (fermosa) coma vós, miña señora.
(II) E non vos pese, señora, pois Deus vos dotou de gran mesura e bondade e valía, e, por todo este ben que El vos concedeu, decidín falar convosco, porque non coñecín señora que semelle (fermosa) coma vós, miña señora.
(III) Pois en ter bela aparencia vos fixo Deus a máis fermosa de todas, e en cordura e en mesura e en calquera outro ben, decidín no meu corazón falar convosco, porque non coñecín señora que semelle (fermosa) coma vós, miña señora.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:43)
Encontros vocálicos: 9 todo‿este; 15 mesura‿e, todo‿outro; 16 ouve‿eu
Neste verso comparece por única vez no corpus a P1 de pretérito de poer ou põer (< posui) coa mesma palatalización que se detecta esporadicamente noutras formas de pretéritos fortes, como prix ou quix. Véxase nota a 74.13.
Nas cantigas profanas, a partícula perfectiva per- aparece, de regra, anteposta a formas verbais, con dúas excepcións, xa que, para alén de per-mesura (anteposta a substantivo), tamén se rexistra anteposta a adxectivo en per-peideira (1489.58).
A emenda da errada lección <arder> dos manuscritos para a poer vén indicada polas construcións paralelas dos vv. 4-5 (pux no coraçon / que fale...) e 10-11 (poer eno meu coraçon / que fale...): é obrigada tamén nesta pasaxe a presenza da expresión poer no coraçon...