[last revised: 04/02/2022]Print

796 [= Tav 107,6]
Ai filha, o que vos ben queria

– Ai filha, o que vos ben queria
aqui o jurou noutro dia,
e pero non xe vos veo veer.
– Ai madre, de vós se temia,
que me soedes por el mal trager.
– O que por vós coitad’andava
ben aqui na vila estava,
e pero non xe vos vẽo veer.
– Ai madre, de vós se catava,
que me [soedes por el mal trager].
– O que por vós era coitado
aqui foi oj’, o perjurado,
e pero non xe vos vẽo veer.
– Madre, por vós non foi ousado,
que me soedes por el [mal trager].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscripts


B 800, V 384

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 192 [= LPGP 694]); Cohen (2003: 268); Littera (2016: II, 192-193).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 145); Braga (1878: 72); Machado & Machado (1953: IV, 99).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 165); Torres (1977: 499); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 178).

Manuscript variants


5 mal trager] trager mal BV   13 xe vos] xenꝯ V

Editorial variants


3 veo] vẽo Nunes, Cohen, Littera

Paraphrase


(I) –Ai, filla, o que vos quería ben xurouno aquí o outro día, mais non vos veu ver. –Ai, madre, temíavos a vós, que adoitades maltratarme por mor del.

(II) –O que andaba coitado por vós estaba aquí na vila, mais non vos veu ver. –Ai madre, por vós se preocupaba, que adoitades maltratarme por mor del.

(III) –O que estaba triste por vós estivo hoxe aquí, o perxuro, mais non vos veu ver. –Madre, non ousou por causa vosa, que adoitades maltratarme por mor del.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 8’a 8’a 10B 8’a 10B (= Tav 33:15)

Encontros vocálicos: 1 filha,‿o

Notes


Text
  • 3

    É imperativa a presenza da locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’ no primeiro verso do refrán, de uso frecuente ao longo de corpus, aínda que en bastantes ocasións é posíbel conceder independencia sintáctica a cada un dos elementos.
    Nótese, ademais, a variación fonética neste primeiro verso do refrán, que presenta desnasalamento na forma verbal veo, en face das formas vẽo das seguintes estrofas (talvez un erro de copia por omisión). Véxase nota a 589.5. Cfr. nota a 27.4

  • 5

    Nas cantigas profanas podemos localizar diversos contextos en que existe unha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, que a rima pon en evidencia (véxanse outros casos similares en 215.1, 383.12, 421.18, 590.1, 626.14, 688.20 etc.). Neste caso estamos perante a expresión verbal trager mal, que adquire o valor de ‘maltratar, tratar mal, tratar sen consideración; reprender' (véxase Glosario, s.v. trager).

  • 9

    Lémbrese que catar-se (de), verbo pronominal neste contexto, significa ‘preocuparse por’.

  • 11-13

    Probabelmente como consecuencia dunha gralla tipográfica, este período aparece sen marca de diálogo nas edicións de Nunes e mais de Cohen.

Search
    No results