1044 [= RM 63,10]
Amigas, o que mi quer ben

Amigas, o que mi quer ben
dizen-mi ora muitos que ven,
pero non o posso creer,
ca tal sabor ei de o veer
que o non posso creer.
O que eu amo máis ca min
dizen que cedo sera aqui,
pero non o posso creer,
[ca tal sabor ei de o veer
que o non posso creer].
O que se foi d’aqui muit’á
dizen-mi que cedo verra,
pero non o posso creer,
[ca tal sabor ei de o veer
que o non posso creer].
E nunca mi-o faran creer
se mi-o non fezeren veer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 

Manuscritos


B 1040, V 630

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 289-290); Rodríguez (1980: 250 [= LPGP 376]); Cohen (2003: 575); Littera (2016: I, 462).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 224); Braga (1878: 121); Machado & Machado (1956: V, 41); Fernández Pousa (1959: 263).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 53-54); Nunes (1959: 332-333); Ferreira (1988: 71); Diogo (1998: 223); Magalhães (2007: 101).

Variantes manuscritas


2 muitos] muytus V   12 verra] ueira B

Variantes editoriais


5 que o non posso] que [eu] o non posso Nunes   6 min] mi Nunes, Rodríguez   10 que o non posso] que [eu] o non posso Nunes   15 que o non posso] que [eu] o non posso Nunes

Paráfrase


(I) Amigas, dinme agora moitos que vén o que ben me quere, mais non o podo crer, porque teño tal desexo de o ver que non o podo crer.

(II) Din que cedo estará aquí aquel a quen eu amo máis que a min mesma, mais non o podo crer, porque teño tal desexo de o ver que non o podo crer.

(III) Din que virá cedo o que se foi de aquí hai moito tempo, mais non o podo crer, porque teño tal desexo de o ver que non o podo crer.

(1) E nunca mo farán crer se non mo fan ver.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8B 9B 7B + 8b 8b

Encontros vocálicos: 2 -miora; 8 seraaqui; 16 mi͜-o; 17 mi͜-o

Notas


Texto
  • *

    Os códices transmiten un refrán anisométrico (8+9+7), na liña doutras heterometrías do refrán que se poden ver ao longo do corpus: o caso da cantiga 709 é certamente significativo, pois presenta a mesma combinación de sílabas no refrán.

    Non obstante, Nunes tentou a nivelación métrica a través a integración do pronome eu no terceiro verso e, é de supor, coa sinalefa no encontro da preposición de co pronome o ou a, contra a norma xeral de hiato nese encontro por mor da interpolación pronominal, feito moi frecuente no corpus trovadoresco (con unha única excepción segura en 232.16).

  • 2

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<muytus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 6

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado