I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 355-356); Rodríguez (1980: 68 [= LPGP 379-380]); Littera (2016: I, 426-427).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 192); Braga (1878: 101-102); Gassner (1933: 394); Machado & Machado (1953: IV, 313-314); Fernández Pousa (1959: 86).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 283); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 82); Arias Freixedo (2003: 429-430); Souto Cabo (2017: 111).
3 son] sor V 6 ei] E B; posso] uosso B : nosso V 7 so[n] mi sal] somi fal B : semi sal V 8 faço] faco B : fazo V; en tal] emal BV 9 per[ç]a] ꝑo B : pre V; coitas] coitaz B 14 én] eo V 15 dizen] E dizen B : e dizen V 20 cuido] coido V
En Littera o refrán está constituído unicamente polos vv. 5-6 nas estrofas I-II.
6 posso] poss(o) Nunes 7 ei cuidad’e so[n] mi sal] e cuydados non me fal Nunes : ei cuidad’e so[n] mi fal Rodríguez : hei cuidad’e se mi sal Littera 8 muito[s] cantares] muito cantares Rodríguez 9 per[ç]a] perca Rodríguez; -m’i] -mi] Nunes, Rodríguez, Littera 12 posso] poss(o) Nunes 18 posso] poss(o) Nunes 20 cuido] coydo Nunes
(I) Eu trobo, que Deus me perdoe, por causa das coitas de amor, e din que os meus cantares non valen nada porque son tantísimos; mais as moitas coitas mos fan facer, e tantas coitas cantas hei de sufrir non as podo dicir nun só cantar.
(II) Moitas teño, penso moito (nelas) e sáeme a música e fago moitos cantares con tal de perder as coitas, e critícanme por iso; mais as moitas coitas mos fan facer, e tantas coitas cantas hei de sufrir non as podo dicir nun só cantar.
(III) Penso que en moitos cantares podo dicir as miñas coitas, e porén dinme agora que niso fago unha loucura; mais as moitas coitas mos fan facer, e tantas coitas cantas hei de sufrir non as podo dicir nun só cantar, (1) porque, se pensar niso, ben coido que non as poida dicir xa mentres viva.
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10B 10B 10B (= RM 19:15) + 10b 10b
Encontros vocálicos: 4 mi͜-os; 6 posso‿en; 10 mi͜-os; 12 posso‿en; 15 -mi‿ora; 16 mi͜-os; 18 posso‿en
A convivencia e intercambio entre as formas tan e atan (tanto e atanto, tal e atal) permite restaurar a isometría versal coa forma reforzada.
A edición de Rodríguez restaura moi probabelmente a lectura correcta do verso, coa aparición do son asociado aos cantares, cun erro paleográfico de fácil explicación por omisión da consoante nasal por contigüidade en B (sommi fal → somi fal), e coa banal confusión <e>/<o>. Non obstante, no caso do verbo rimante, optamos por sal, P3 do presente de indicativo de sair, que condí ben co sentido ao tempo que a vacilación <f>/<s> (en B / V) ten unha fácil explicación paleográfica. Esta forma verbal, do punto de vista fono-morfolóxico, é evolución fonética regular de salit (cfr. outras formas verbais como dol, fer, quer etc.; véxase Ferreiro 1999: §180a). Modernamente foi regularizada (sae ~ sai) conforme o paradigma xeral do verbo. Cfr. nota a 104.6, 1540.3.
A locución conxuntiva en tal que introduce cláusulas co verbo en subxuntivo pretérito ou presente, de modo que para chegarmos a perça debemos partir da lección <ꝑo> de B (cfr. <per> en V), que fai lembrar erros como <pero>/<pera> en 1338.14 (pera <pero> B, <ꝑa> V) ou <pero>/<preto> en 313.7 (preto <[p]reto> A, <pero> B).
A concordancia plural con cantares esixe a emenda de muitos, ao tempo que debe ser tamén emendada a aparente copulativa inicial para a converter na preposición en.
Neste verso é obvia a necesidade de expunción da copulativa inicial do verso, xa que a sintaxe (e a métrica) non permite a súa presenza polo feito de a frase comezar no verso anterior cunha copulativa: *e por én / (e) dizen-mi ora que faço i mal sén.