I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 152-153 [= LPGP 849-850]); Machado (1981: 55); Cohen (2003: 222); Littera (2016: II, 389).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 132); Braga (1878: 64); Nunes (1919: II, 323); Machado & Machado (1953: IV, 33); Camargo et alii (1985: 46).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 38-39); Arias Freixedo (2003: 773-774).
6 pedi] perdi V 16 muit’e] muyto B
5 fez: tanto mi deu] fez tant’e mi deu Cohen, Littera 10 sempr’o] sempr[e] o Machado, Cohen, Littera 11 fez: tanto mi deu] fez tant’e mi deu Cohen, Littera 13 lho] lhi Nunes 14 nen ar ei [ren]] nen a[ve]rei Nunes : nen ar ey Machado 15 mas] ma[i]s Nunes 17 fez: tanto mi deu] fez tant’e mi deu Cohen, Littera
(I) Direi a verdade, así Deus me perdoe: ao meu amigo, se me ama moito, non llo agradezo, e agradézolle de corazón a Deus máis que ningunha outra cousa que El me fixo fermosa: por darme tanto, tanto de ben canto eu lle pedín.
(II) Se el me ama moito como di que me ama, el fai o que ten que facer, e eu, por facelo, non llo agradezo, e teño que lle agradecer a Deus por sempre o máis que eu puider que El me fixo fermosa: por darme tanto, tanto de ben canto eu lle pedín.
(III) Se el me quere ben, eu non llo quero, nin mal, nin tampouco teño nada que lle agradecer por iso; mais agradézolle moito a Deus canto eu hoxe vin no meu espello, e agradézolle outra cousa: que El me fixo fermosa: por darme tanto, tanto de ben canto eu lle pedín.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:209)
Encontros vocálicos: 9 gradesco,‿e; 10 má·is
Nótese o anacoluto sintáctico pola ausencia da preposición a para introducir o CI o meu amigo: (a)o meu amigo, se mi quer gran ben, / non lho gradesco, ...
A emenda de Cohen (seguida en Littera) tenta normalizar a expresión (que m’El fremosa fez tant’e mi deu / tanto de ben quanto lhi pedi eu). No entanto, unha vírgula final do verso (ausente en Nunes) resolve a cuestión, de modo que tanto no primeiro verso do refrán ten un valor claramente demostrativo, despois precisado no segundo verso.
E mesmo habería unha outra posibilidade de edición sen alteración dos manuscritos, en que a repetición de tanto sería enfática:
..: tanto mi deu,
tanto, de ben, quanto lhi pedi eu.
Considerando a posibilidade de contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), é desnecesaria a reintegración de Machado, Cohen e Littera neste verso, inducida polo aparente problema de hipometría.
A aparición da variante reducida da adversativa mas indica que esta forma non é exclusiva dos textos copiados no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 692.10), pois en BV presenta catorce ocorrencias (véxase tamén 733.15, 789.6, 1038.4, 1046.10, 1201.10, 1225.4, 1245.6, 1246.22, 1282.10, 1387.13, 1432.21, 1573.5, 1652,29).