1174 [= Tav 145,2]
Dized’, amigo, se prazer vejades

– Dized’, amigo, se prazer vejades,
vossa morte se a desejades,
pois non podedes falar comigo.
– Desejo, senhor, ben no creades.
– Desejades? Tan bon dia migo,
pois que os meus desejos desejades.
Dizede, amigo, se vos prazeria
con a vossa morte toda via,
pois vivedes de min alongado.
– Prazer, senhor, par Santa Maria,
prazeria, Deus aja bõo grado,
pois que vos do meu prazer prazeria.
– Dizede, amigo, se gradoedes,
a vossa morte se a queredes,
pois que vivedes de min tan longe.
– Quero, mia senhor, non duvidedes.
– Queredes? Pois tan bon dia oje,
pois [que] o que eu quero vós queredes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 1161, V 764

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 354-355); Macchi (1966: 22 [= LPGP 904]); Cohen (2003: 396); Littera (2016: II, 464).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 264); Braga (1878: 144); Machado & Machado (1956: V, 253-254).

Variantes manuscrites


2 desejades] desse iades BV   3 falar] fallar V   4 Desejo] Desseio B : des sseio V; creades] cre\a/des B   5 Desejades] Dessese iades B : dessese iades V   6 desejos desejades] desseios desseiades B : desse ios desse iađs V   8 toda via] podauya V   11 bõo] boom B : bom V   12 pois que vos] Poys do uos B : poys do uos V   16 senhor] señ V   18 o que eu] oq̅u B

Variantes éditoriales


1 Dized’, amigo] Dized[e], amigo Nunes   2 desejades] dessejades Nunes   4 Desejo] Dessejo Nunes, Macchi; ben no] ben’o Littera   5 Desejades] Dessejades Nunes, Macchi   6 os meus desejos desejades] os meus dessejos dessejades Nunes : o meu dessejo dessejades Macchi   7 vos] vus Macchi; prazeria] toda via Cohen   8 toda via] prazeria Cohen   10 Prazer] Praz er Macchi : Praz, ai Cohen, Littera   11 bõo] bom Macchi : bem Nunes : bon Cohen : bom Littera   12 que] om. Nunes, Macchi   18 pois o que eu quero vós queredes Nunes : poys vós o que eu quero queredes Macchi

Paraphrase


(I) –Dicide, amigo, así teñades pracer, se desexades a vosa morte, pois non podedes falar comigo. 
–Desexo, señor, crédeo ben. 
–Desexades? Que felicidade, xa que desexades os meus desexos!
(II) Dicide, amigo, se, de todos os modos, vos pracería coa vosa morte, pois vivides afastado de min. 
–Pracer, señor, por Santa María, praceríame, grazas a Deus, xa que do meu pracer vos pracería. 
(III) –Dicide, amigo, así vos alegredes, se queredes a vosa morte, pois vivides tan lonxe de min.
 –Quero, miña señora, non o dubidedes. 
–Queredes? Pois que feliz día, xa que vós queredes o que eu quero!

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10’a 9’a 9’b 9’a 9’b 10’a (= Tav 34:1)

Encontros vocálicos: 7 Dizede,‿amigo; 13 bõ͜o

Notes


Texte
  • *

    Esta composición presenta unha combinación de versos eneasílabos con dous decasílabos nos versos inicial e final de cada estrofa, con variación métrica similar á rexistrada noutras cantigas (970, 1043, 13241508 etc.).

  • 1

    A frase formularia de tipo aseverativo se ~ si prazer vejades (440.9, 571.9, 778.8, 1060.11198.3, 1624.1) rexístrase tamén baixo a forma assi veja prazer(79.16, 384.16, 419.4), coa introdución de eu en 416.9, e tamén se vejades prazer (877.12) e mais se prazer vejades (1174.1), con mudanza para a P5.

  • 1-2

    No inicio da cantiga percíbese unha concordancia ad sensum, como noutras composicións trobadorescas, que converte en excedente o pronome a do v. 2: «Dized’, amigo, se prazer vejades, se desejades vossa morte».

  • 2

    Obsérvese a recorrencia da grafía <ss> en desejo ou desejar, que nos apógrafos italianos se detecta nalgunha outra ocasión: 429.14, 628.21 (só en V), 1451.6.

  • 3

    Igual que en 65.7 (fala <falla> A), neste verso rexístrase <fallar> en V, con esporádica grafía <ll> /l/: alén de se documentar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B), só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s). Menos frecuente é a súa presenza na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

  • 4

    Co verbo creer como núcleo, no corpus trobadoresco profano aparecen as frases formularias aseverativas ben o creede, ben o creadedes e esto creede ben (véxase tamén 66.22, 595.19; 595.8; 523.9, 1583.9).

  • 7-8

    Do noso punto de vista, non ten xustificación ecdótica a inversión das palabras rimantes realizada na edición de Rip Cohen:
              Dizede, amigo, se vos toda via
    ​​​​​​​          con a vossa morte prazeria
    .

  • 10-12

    Estes tres versos, correspondentes ao parlamento do amigo (a voz da amiga retorna no v. 13, co inicio da estrofa III), son distribuídos de modo diverso polos editores precedentes da cantiga, que outorgan, en xeral, do v. 10 ao amigo, e os vv. 11-12 á amiga (véxase Ferreiro 2014b: 166-167).

    Velaí a proposta de Nunes, con algunhas emendas do texto de BV:
              –Prazer, senhor, par santa Maria,
              prazeria. –Deus aja bem grado,
              pois vos do meu prazer prazeria.

    Os editores posteriores emendan a lección manuscrita con dous procedementos que carecen de xustificación ecdótica. Así, Macchi propón praz er, con anómala colocación da partícula er ~ ar, que, como é sabido, mui raramente se pospón ao verbo (só achamos posición posverbal certa de ar~er en 634.20 e 1617.29):

              –Praz er, senhor, par Santa Maria!
              –Prazeria!? Deus aja bom grado,
    ​​​​​​​          poys que vos do meu prazer prazeria!

    Pola súa parte, Cohen (seguido por Littera), sen dúbida inducido polos vv. 5 e 17, opta por modificar a lección de BV para introducir unha interxección que pretende conferir coherencia semántica ao texto, convertendo en interrogativo prazeria:
    ​​​​​​​          –Praz, ai, senhor, par Santa Maria.
    ​​​​​​​          –Prazeria? Deus aja bon grado,   
    ​​​​​​​          pois que vos do meu prazer prazeria.

    Fronte a estas emendas, mantemos prazer a interactuar co prazeria seguinte do v. 11, presentándonos unha construción que chega á lingua actual, baseada na reiteración expresiva da forma verbal (infinitivo + forma persoal do mesmo verbo); nótese, ademais, que o trobador presenta a mesma repetición no v. 12, neste caso con prazer a funcionar como substantivo:
    ​​​​​​​          –Prazer, senhor, par Santa Maria,
    ​​​​​​​          prazeria, Deus aja bõo grado,    
    ​​​​​​​          pois que vos do meu prazer prazeria.

  • 11

    A variante bõo de B, con grafía conservadora (véxase idéntica tesitura en 887.42, coa oposición <bon> A vs. <bõo> BV), sería metricamente unisilábica, por tanto equivalente de bon, tal como acontece en diversas pasaxes ao longo das cantigas (241.10, 464.8, 475.31, 478.8, 724.7, 805.9, 889.9 e 241119.19 e 31, 1174.11, 1393.8, 1448.25, 1587.26, 1594.15, 1636.24). Esta alternancia gráfico-métrica é similar á que se rexistra na P1 do presente indicativo de seer (son / sõo) e, tamén, a un / ũu. Véxase nota a 10.25 e 47.20.

  • 13

    Neste verso, a diferenza do v. 7, non pode realizarse a sinalefa entre Dizede e amigo, xa que debe manterse a medida decasilábica do primeiro verso (e do derradeiro) de cada estrofa.

    O verbo gradoar ‘alegrarse, estar satisfeito, congratularse’, do lat. gratulāri, ten un uso limitado no corpus das cantigas: 100.2, 824.1, 896.18, 1065.28, 1139.4, 1174.13, 1268.1. Ausente da produción prosística (véxase CGPA, s.v.), só existe unha atestación nas Cantigas de Santa Maria:
              Ond’avẽo pois assy que en Beja, u morava
              un ome casado ben con sa moller que amava,
              almoxerife del Rey era el, e confiava
              muit[o] en Santa Maria; mais avia gran tristura


              Porque non podi’aver fillo de que gradoasse
              e que pos sa mort’en seu aver erdeiro ficasse (CSM 224.25).

  • 15-17

    A rima oje - longe forma parte do conxunto de rimas imperfectas ou defectuosas que se achan no corpus trobadoresco profano, en concreto, do grupo destas rimas relacionadas coa presenza / ausencia de consoante nasal ou con equivalencia entre elementos nasais. Véxanse unha : espunlha (427.5-6), avia : viinha (721.17-19), fremosinha : dizia (1161.1-4), faça : boança (1414.5-7), Nazareno : lenho (1576.1-2), cento : Nazareno : lenho (1576.6-8), caneno : Nazareno : lenho (1576.12-14), mensonha : corõa (1633.23-27). Cfr. notas a 104.34-35, 206.4-6, 383.19-20, 453.5-6, 698.5-6 e 1118.10-12.

  • 18

    A métrica e o paralelismo cos vv. 6 e 12 indican que debe integrarse no verso o segundo elemento da locución conxuntiva pois que:
              pois que os meus desejos desejades (v. 6)
              pois que vos do meu prazer prazeria (v. 12)
              pois [que] o que eu quero vós queredes (v. 18).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé