I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 324 [= LPGP 806-807]); Cohen (2003: 358); Littera (2016: II, 337).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 254); Braga (1878: 138); Machado & Machado (1956: V, 195-196).
III. Antoloxías: Gutiérrez (2023: 63).
3 A santa Maria hir < > Poys B : a santa maria hir / poys V 4 dele] de e B 7 quisesse] q̄sesse B 8 guisaron] grisarō V 11 quen] q̅ue B
3 a Santa Maria ir] a Santa Maria ir, / pois [mi non leixan ir] Nunes 4 Guardan-me dele que o non veja] Guardan-me d’el e que o non veja Nunes : Pois guardan me del que o non veja Cohen : pois guardam-me del que o nom veja Littera 6 a Santa Maria ir] a Santa Maria ir, / pois [mi non leixan ir] Nunes 9 a Santa Maria ir] a Santa Maria ir, / pois [mi non leixan ir] Nunes 12 a Santa Maria ir] a Santa Maria ir, / pois [mi non leixan ir] Nunes 15 a Santa Maria ir] a Santa Maria ir, / pois [mi non leixan ir] Nunes
(I) Gárdanme do meu amigo, que amo tanto, e non ouso de ningunha maneira ir a Santa María.
(II) Gárdanme del para que non o vexa e non me deixan, de ningún modo, ir a Santa María.
(III) Para que o non vise, aínda que quixese, por iso procuraron que non puidese ir a Santa María.
(IV) (Para que) nin eu o vise nin tanto o amase, xa que Deus me deu quen me non deixase ir a Santa María.
(V) Desde que o vin en Xullán un día, xa non me deixan, como soía, ir a Santa María.
Esquema métrico: 10a 10a 7B (I [= RM 26:82]) + 9’a 9’a 7B (II-V [= RM 26:95])
Encontros vocálicos: 14 so·i·a
En Littera a composición é unha cantiga ateúda, con ligazón sintáctica (forzada) de todas as estrofas.
Santa Maria (tamén nas cantigas 1132 e 1133) talvez aluda a unha ermida en Ver, no concello lugués de Bóveda (Galiza), aínda que tamén podería corresponder a outros lugares denominados Ver no territorio galego-portugués. Cfr. nota a 1131.4.
O traslado do refrán na primeira cobra presenta un indicio de erro de copia, con diferente disposición nos dous apógrafos italianos. Así, en B:
Domeu amigo q̄ eu q̄ro bē
Guardanme del enō ꝑ rē
A santa Maria hir Poys>
En V:
Do meu amigo que eu quero ben
guardanme del enon ouso per ren
a santa maria hir
poys>
Partindo deste dato, Nunes reconstruíu arbitrariamente un segundo verso completo do refrán, opción editorial que debe ser rexeitada.
Contrariamente, as edicións de Cohen e de Littera recollen pois como primeiro elemento da segunda cobra (ligada, desde xeito, á primeira: a Santa Maria ir, / pois ...), feito que obriga a emendar dele en del (nótese tamén a deficiente lección <de e> de B). No entanto, a rareza dunha ligazón sintáctica entre as cobras nunha cantiga de amigo de factura tradicionalizante e o problema da hipermetría xerado pola incorporación de pois á estrofa obríganos a considerar esta solución como pouco satisfactoria desde o punto de vista dos principios do xénero.
Así as cousas, fican dúas opcións: ou ben desconsiderar este elemento, que podería ser un resto dunha nota ou un elemento textual espurio, ou considerar unha abreviación anómala do refrán, embora debamos lembrar que esta circunstancia nunca se verifica na lírica galego-portuguesa, que só abrevia este elemento a partir da segunda estrofa, como xa se comentou a propósito doutros textos. No que toca á segunda opción, podería pensarse que estamos ante un verso transmitido de forma fragmentaria, como apunta o espazo en branco que se observa en B; dese modo, a proposta crítica para o refrán debería ser esta:
a Santa Maria ir,
pois [............ -ir].
Aliás, nótese a segmentación que de <dele> fai Nunes (del e), forzando un bocado a sintaxe do verso.
A conxunción concesiva macar, de orixe grega, é case exclusiva do rexistro poético, tal como se deduce do seu uso na poesía trobadoresca e da súa alta frecuencia nas Cantigas de Santa Maria. A súa aparición noutro tipo de textos é moi escasa (véxase CGPA, s.v. macar).
O amigo viu a amiga na romaría de Julhan (tamén na cantiga 1131), talvez unha aldea (act. Xullán) da parroquia de Tuimil, no concello lugués de Bóveda, veciña da parroquia de Ver, de onde sería orixinario Pero de Veer.