I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 6 [= LPGP 147]); Paredesa (2001: 180); Lopes (2002: 62); Paredesb (2010a: 160); Littera (2016: I, 89).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 157); Machado & Machado (1950: II, 332); Paredes (2010b: 124-125); (1880: 157); Machado & Machado (1950: II, 332); Paredes (2010b: 124-125); Paredes (2010c: 86); Rios Milhám (2018b: III, 472).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 33); Tavares & Miranda (1987: 364).
5 sõo] soon B
5 sõo] soon Lapa, Paredesa, Paredesb : sõõ Lopes
(I) Don Meendo, Don Meendo, por canto eu sei, quen leva o cabalo non deixa a sela.
(II) Amigo de Souto Maior, disto son sabedor: quen leva o cabalo non deixa a sela.
(III) Don Meendo de Candarei, por canto eu aprendín de vós: quen leva o cabalo non deixa a sela.
Esquema métrico: 7’a 7’a 11’B (I [cfr. RM 26:108]) + 8a 8a 11’B (II, III [cfr. RM 26:104])
Obsérvese como o refrán está constituído por un proverbio (verv’antigo) (véxase Filgueira Valverde 1992: 165-207)1
.
No relativo a baio, no corpus profano predomina o seu uso como substantivo co valor de ‘cabalaría (de cor baia)’, tal como acontecerá tamén en castelán no Cancioneiro de Baena (véxase Montero Curiel & Montero Curiel 2005: 57-59).
O topónimo debe referirse ao actual concello pontevedrés de Soutomaior.
Meendo de Candarei xa aparecía na cantiga anterior de Afonso X (nº 471).
Resulta curioso comprobar a aparición do baio e de sela (agora forma verbal) na Crónica de D. Fernando, de Fernan Lopez, nunha expresión tamén proverbial: al cuida ell bayo e all cuida quem o sella (Macchi 2004: 435).