1092 [= RM 121,9]
En grave dia me fez Deus nacer

En grave dia me fez Deus nacer
[en] aquel dia e[n] que eu naci,
e grave dia me fezo veer
a mia senhor u a primeiro vi,
e grave dia vi os olhos seus,
e grave dia mi fez enton Deus
veer quan ben parece parecer.
E grave dia mi fez entender
Deus quan muito ben eu dela ‘ntendi,
e grave dia mi fez conhocer
aquel dia [en] que a conhoci;
e grave dia mi-a fez enton, meus
amigos, grave dia, mi-a fez Deus
tan gran ben, como lh’eu quero, querer.
E grave dia por mí lhi falei
aquel dia [e]n que lh’eu fui falar,
e grave dia por mí a catei
dos meus olhos quando a foi catar;
e grave dia foi por mí enton
quando a vi, grave dia, ca non-
ca eu dona tan fremosa veerei.
E grave dia por mí comecei
con mia senhor quand’eu fui começar
con ela, grave dia desejei
quan muito ben m’ela fez desejar;
grave dia foi por mí de-la sazon
que eu a vi, grave dia: pois non
morri por ela, nunca morrerei.
E, porque m’eu dela [enton] quitei,
esmoresco mil vezes, e non sei,
per bõa fe, nulha parte de min.
E non mi ponhan culpa des aqui
de seer sandeu, ca ensandeci
pola máis fremosa dona que sei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 

Manuscrits


B 1090, V 681

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 462-464 [= LPGP 797-798]); Reali (1964: 92); Fernández Campo (2012: 129); Littera (2016: II, 324-325).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 240-241); Braga (1878: 130); Machado & Machado (1956: V, 120-122).
III. Antoloxías: Torres (1977: 80-81); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 185-186); Arias Freixedo (2003: 735-737); Mongelli (2009: 38-39).

Variants manuscrites


1 fez] om. B   4 u a] huā V   5 os] om. B   7 parece] parare B   13 Deus] des V   14 gran] gr̃a B; querer] (dizer) querer B   18 dos] do B; foi] fuy V   20-21 non-/ca] nūca BV   23 quand’eu] ꝙ̄ deu V; começar] (falar) comecar B   24 E (g̃ue dia) Con ela g̃ue dia deseiey B   28 morri] moiri BV; morrerei] moirerey B   31 bõa] boa B

Variants editorials


2 [en] aquel dia e[n] que] aquel dia e[n] que Reali, Fernández Campo : aquel[e] dia e[m] que Littera   3 e] e[n] Nunes, Reali   5 e] E[n] Nunes, Reali   6 e] e[n] Nunes, Reali; mi] me Nunes   7 parece] pareç’e Nunes   8 E] E[n] Nunes, Reali, Fernández Campo   9 dela ‘ntendi] d’El antendi Reali : del’entendi Littera   10 e] e[n] Nunes, Reali   12 e] e[n] Nunes, Reali   15 E] E[n] Nunes, Reali, Fernández Campo   17 e] e[n] Nunes, Reali   18 dos] dus Reali; foi] fuy Nunes, Reali : fui Fernández Campo, Littera   19 por] per Fernández Campo   20-21 non-/ca eu] non / eu Nunes, Fernández Campo : nunca / eu Reali : ca nom / eu Littera   22 E] En Nunes : E[n] Reali, Fernández Campo   26 foi por mí] foy-mi Nunes : foi per mi Fernández Campo : foi-mi Littera   27 eu a vi] a eu vi Nunes   29 [enton]] om. Reali, Fernández Campo   31 per] por Nunes, Reali, Fernández Campo; min] mi Nunes, Littera

Paràfrasi


(I) En infausto día me fixo Deus nacer naquel día en que eu nacín, e en infausto día me fixo ver a miña señora cando a vin por primeira vez, e infelizmente vin os seus ollos e infelizmente me fixo entón Deus ver o moi fermosa que é.
(II) E en infausto día Deus me fixo percibir o moito ben que eu percibín nela, e en grave día me fixo coñecer aquel día en que a coñecín; e en infausto día ma fixo entón, meus amigos, infelizmente, ma fixo Deus, tanto como a eu amo, amar.
(III) E infelizmente para min lle falei aquel día en que lle eu fun falar, e infelizmente para min a ollei cos meus ollos cando a fun ollar, e infausto día foi para min entón cando a vin, infelizmente, pois eu nunca unha muller tan fermosa verei.
(IV) E en infausto día para min comecei (unha relación) coa miña señora cando eu fun comezar con ela (unha relación); en infausto día desexei o moito ben que ela me fixo desexar; infausto día foi para min desde o momento en que a vin, infelizmente: pois non morrín por ela, nunca morrerei.
(1) E porque me afastei dela entón, esmorezo mil veces e non recoñezo, abofé, ningunha parte de min.
(II) E non me culpen desde agora de estar sandeu, pois ensandecín pola muller máis fermosa que coñezo.

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10a (= RM 100:13) + 10a 10a 10d + 10d 10d 10a

Encontros vocálicos: 12 mi͜-a; 13 mi͜-a; 21 caeu, ve·e·rei

Notes


Text
  • 2

    Integramos a preposición en como parte do complemento circunstancial de tempo ([en] aquel dia), presente noutras pasaxes (cfr. 1040.4). Reali e Fernández Campo prolongan a hipometría versal por non consideraren a necesidade de integración ningunha.

  • 3

    Nesta composición é continua a intromisión dos editores (Nunes e Reali, e parcialmente Fernández Campo) para reconverteren desnecesariamente a copulativa e nunha preposición en que os códices non indican. Tal situación prodúcese nos vv. 3, 5, 6, 8, 10, 12, 15, 17 e 22, pola reiteración do sintagma grava dia.

  • 9

    O verbo entender presenta elisión da vogal inicial e- (cfr. tamén en 1249.9 podia ‘ntender), do mesmo modo que outras voces foneticamente similares que se poden achar ao longo do corpus, sempre após vogal a: encobrir: a ‘ncobrir (6.4, 261.11); endurar: coita ‘ndurar (155.r2, 195.15 e 18); ensandecer: querria ‘nsandecer (182.7), a ‘nsandecer (182.16), ela ‘nsandeci (389.5); entender: ela ‘ntendi (1092.9), podia ‘ntender (1249.9). A mesma elisión pode verse en a ‘ndar (700.r2) e mais en ela ‘nton (1400.5), para alén doutros encontros con crases similares. Véxase nota a 18.16, 51.1, 73.19, 358.21, 878.1.

  • 14

    Obsérvese como o copista de B corrixe, no proceso de copia, os lapsos que comete, tanto neste verso (onde risca dizer para copiar despois o correcto querer) como no v. 23, onde fai algo similar: risca falar e copia despois o correcto comecar (co lapso <c>/<ç>).

  • 18

    A prioridade concedida a B fai que apareza como P1 de pretérito de indicativo de seer a variante foi: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī latino final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 19-21

    Esta pasaxe levanta un interesante problema ecdótico arredor da lección unánime <nūca>, que xera un contexto diferentemente resolvido nas edicións, todas elas con emendas.
    En primeiro lugar, Nunes, Fernández Campo e Littera coinciden na solución non / eu. Eis a versión de Littera:
              e grave dia foi por mi entom
              quando a vi, grave dia, ca nom
              eu dona tam fremosa veerei.
    Por súa parte, Reali opta por nunca / eu:
              e grave dia foi por mí enton
              quando a vi, grave dia, ca nunca
              eu dona tan fremosa veerei.
    Ambas as propostas son insatisfactorias, por presentar unha construción non gramatical, a primeira, mentres que a segunda, de Reali, quebra a estrutura rimática.
    Eis a transcrición da pasaxe nos apógrafos; a lección de B:           
              <E g̃ue dia foy p’mi entō
              Quandoa vj
              Graue dia ca nūca eu dona tā fremosa ueerey>
    E a de V:
              <e g̃ue dya foy p’mi entō quādoa uy
              g̃ue dia ca nūca eu dota tā f’mosa ueerey>
    A única solución que resulta coherente lingüística e metricamente asenta na consideración dunha banalización da forma nonca por parte de BV, adverbio que debe ser segmentado para conseguir a rima no v. 20 e a medida no v. 21:
              e grave dia foi por mí enton
              quando a vi, grave dia, ca non-
              ca eu dona tan fremosa veerei.
    Deste xeito, transparece esta rara variante (do lat. nŭmquam, sen incidencia da trabazón por nasal, véxase Ferreiro 1999 [1995]: §8b.1), que vén sumarse ao rexistro da mesma forma en 772.9.

    Finalmente, e para alén dos exemplos de segmentación do derradeiro elemento do verso, que afecta en xeral a conglomerados (véxase nota a 14.22-23, 37.18-19, 123.24-25, 1092.20-21 e 1542.3-4), a tmese métrica propiamente dita presenta moi poucos exemplos no corpus: di-/a (482.1-2, non-/ca (1092.20-21), Albar-/dar (1379.8-9), al-/çou (1577.r1-2) e, sobre todo, a cantiga 548, da autoría de Don Denis. Nas Cantigas de Santa Maria a tmese é máis frecuente: ora- / çon (CSM 32.12-13), ser- / vo (56.41-42), san- / t’om’... (66.40-41), ni- / hũa (94.22-23), disser- / ron (135.132-133), a- / quela (255.68-69), Sant- / ta (292.77-78).

  • 29

    Novamente a métrica xustifica a suplementación do verso con enton, aínda que habería outras posibilidades para considerar: E, porque m’eu dela [enton] quitei, / esmoresco mil vezes...

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat