I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 110-111 [= LPGP 535]); Cohen (2003: 172); Littera (2016: I, 613).
I. Outras edicións: Monaci (1875: 115); Braga (1878: 56); Machado & Machado (1952: III, 362-363).
III. Antoloxías: Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 167); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 125).
1 direi] derey V 3 filhad’] falhad B
6 desto] d’esso Nunes : desso Cohen, Littera 8 m’eu] meu Nunes 17 que] que[n] Cohen; quera] queira Nunes, Littera
(I) –Filla, direivos unha cousa que entendín do voso amigo, e tomade algunha determinación sobre iso: dígovos que non vos ama.
–Madre, crereivos eu outra cousa (II) e non isto, abofé, pois sei que me quere mellor que a si e que eu me quero a min mesma.
–Mal me veña se é así.
–Madre, crereivos eu outra cousa, (III) mais non iso, pois tanto lle prace verme que, desde que nacín, nunca vin tal pracer de ninguén.
–Filla, eu sei que non o fai.
–Madre, crereivos eu outra cousa, (1) mais non vos crerei por nada que hai no mundo quen ame tanto.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C + 8d 10d (= RM 155:18)
Encontros vocálicos: 17 mundo‿á
Esta composición é unha cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).
A emenda do demostrativo en Nunes, Cohen e Littera (esto > esso; cfr. v. 11) non ten apoio na unánime lección <esto> de BV.
A edición nunesiana non realiza a necesaria segmentación m’eu, de modo que fixa un posesivo meu sen sentido no contexto (*nen que meu quero mi).
Por outra parte, o pronome persoal tónico mí, en función de CD, pode aparecer sen preposición a, igual que os restantes pronomes tónicos oblicuos (ti, el(as), nós, vós), que presentan idéntico comportamento. Cfr. nota a 4.9.
Obsérvese a aparición da variante quera, que responde á forma clásica do presente subxuntivo latino de querer (< quaeram, quaeras etc.), resultado minoritario con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco. Cfr. nota a 73.16.
Resulta desnecesaria, por outra banda, a reintegración que[n] de Cohen, pois a forma que ten con frecuencia o valor de ‘quen’.