I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 316-317 [= LPGP 896]); Arias Freixedo (2010: VII); Littera (2016: II, 441).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 179-180); Braga (1878: 93); Machado & Machado (1953: IV, 254-255).
2 fazia] façia V 4 log’i] ogni V 6 fazer] fazen B 7 nen] Ven B; fazer] fazen B 8 Assaz entendo eu] Assam entendendeu V 10 m’era] meu B 18 ca me] Come B : come V 22 vos] uos BV 23 vos] uos BV; coraçon] coracon B
21 nen] non Nunes 26 mais-lo] mailo Littera 28 nen] non Nunes
(I) No intre mesmo en que vos vin, señora, logo vin que facía unha loucura ao pretender amarvos, e desistiría alí mesmo desa intención, mais a vosa fermosura non mo deixou, señora, facer, nin mo deixa, señora, facer.
(II) De sobra entendo eu que ir tentar namorar con tal muller coma vós non era cousa para min, e quixera eu deixar de facelo, mais a vosa fermosura non mo deixou, señora, facer, nin mo deixa, señora, facer.
(III) Señora, non foi por vontade miña que vos fun amar, nin teño culpa por vos amar, pois eu ben deixaría de facelo, mais a vosa fermosura non mo deixou, señora, facer, nin mo deixa, señora, facer.
(IV) E non teñades pesar porque eu vos ame tan de corazón, pois que Deus non me perdoe se eu non quixera deixar de facelo, mais a vosa fermosura non mo deixou, señora, facer, nin mo deixa, señora, facer.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C 10C (= RM 164:2)
Encontros vocálicos: 6 mi͜-o; 7 mi͜-o; 13 mi͜-o; 14 mi͜-o; 20 mi͜-o; 21 mi͜-o
É sen dúbida inusual a utilización do adverbio i en posición inicial absoluta, situación reforzada polo carácter de incipit, que dificilmente volvemos achar no corpus, onde só existen algúns contextos en que o adverbio ocupa a posición inicial de estrofa:
I vai o meu amigo,
quer-me levar consigo (1163.13);I vai o meu amado,
quer-me levar de grado (1163.16);I é meu amig’, ai
madr’, e i-lo-ei veer
por lhi fazer prazer (1259.13)1 .
Porén, ao longo da produción medieval achamos a presenza de i nunha posición moi similar; por exemplo, na Estória do Santo Graal:
Eu me irei e te deixarei nesta pena. I morrerás de fame e de lazeira (Miranda 2016: 220).
Un erro similar na copia dunha cantiga (<come>/<ca me>) pode verse en 1663.18, onde para ca me lhi vej’... se enfrontan as leccións <Come> B : <Came> V.
Neste verso do refrán atéstase unha leve variación, gráfica neste caso, coa secuencia <s-l> (mais-lo vs. mai-lo) en que está implicada a forma arcaica lo do identificador (artigo) no encontro con certos vocábulos acabados en -s (ou -r). Cfr. nota a 27.4. Tal secuencia debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). Na lingua medieval, e no corpus trobadoresco profano máis en concreto, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral cos pronomes átonos nós, nos, vós, vos e lhes, así como co indefinido todos e coas preposicións por ~ per, des e tras e cos adverbios alhur e depois, xunto con mais e pois (adverbios e/ou conxuncións); polo contrario, coas formas verbais acabadas en -r ou -s a representación da asimilación é vacilante. Mais para alén destes fenómenos asimilativos máis ou menos sistemáticos que chegan na lingua oral até hoxe, na lingua trobadoresca tamén aparecen outras asimilacións con formas adverbiais e conxuntivas alén de mais e pois (véxase nota a 331.7), con outras formas pronominais ademais das citadas (véxase nota a 334.4), con algúns substantivos (véxase nota a 25.16) e, finalmente, co adxectivo melhor (véxase nota a 185.8) e mais con algúns participios plurais (véxase nota a 960.24).