1000 [= Tav 155,4]
Meus amigos, pese-vos do meu mal

Meus amigos, pese-vos do meu mal
e da gran coita que me faz aver
ũa dona que me ten en poder
e por que moir’; e, pois m’ela non val,
morrerei eu, meus amigos, por én,
ca ja perdi o dormir e o sén
polo seu ben; e Deus non mi-o quer dar
senon gran coit’, en que sempre vivi
des que vi ela, que por meu mal vi;
e, pois eu tanto viv’a meu pesar,
morrerei eu, meus [amigos, por én,
ca ja perdi o dormir e o sén]
polo seu ben, que desej’, e non ei
senon gran coita que m’ela deu ja;
e, se máis vivo, máis mal me fara,
e, pois eu tanto mia fazenda sei,
morrerei eu, m[eus amigos, por én,
ca ja perdi o dormir e o sén].
E coitad’eu, que muito mal me ven
porque quero mui bõa sennor ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 296, B 996, V 585

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 593-594 [= LPGP 972-973]); Littera (2016: II, 547-548).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 209-210); Braga (1878: 112); Carter (2007 [1941]: 173-174); Machado & Machado (1953: IV, 387-388); Arbor Aldea (2016b).

Variantes manuscritas


1 Meus] eus A; amigos] amigus V; -vos] uos A : nꝯ B; do] de BV   2 e] et A; me] mj B : mi V   4 moir’; e] moyte V   5 morrerei] Moirerey B; meus] om. BV; amigos] amigus V   7 e] et A   8 coit’, en] coytā B : coitā V   11 morrerei] Moirerey B   13 desej’, e] deseio BV; ei] sey ABV   15 e] et A; me] mj B : mi V   16 e] et A; mia] ma B   17 morrerei] Moirerey B   19 E coitad’eu] Cuydeu B : Euydeu V; que] om. BV; me] mj B : mi V   20 quero] quera BV; bõa] bona B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis   2 e] et Michaëlis   15 e] et Michaëlis   20 quero] quer’a Littera

Paráfrase


(I) Meus amigos, pésevos o meu mal e da gran coita que me fai sufrir unha dama que me ten no seu poder e por quen morro; e, xa que ela non me auxilia, morrerei eu, amigos, por iso, pois xa perdín o sono e a razón (II) por (desexar) o seu ben; e Deus non mo quere dar, senón unha gran aflición, en que sempre vivín desde que a vin a ela, a quen vin para a miña desgraza; e, xa que eu vivo tan a meu pesar, morrerei eu, amigos, por iso, pois xa perdín o sono e a razón (III) polo seu ben, que desexo, e non recibo senón unha gran aflición que ela me deu xa; e se máis vivo, máis mal me fará, e xa que eu tan ben coñezo a miña situación, morrerei eu, amigos, por iso, pois xa perdín o sono e a razón.
(1) E infeliz eu, que me vén moito mal porque amo unha moi nobre dama.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:239) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 7 mi͜-o

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 1

    Nótese a aparición da forma analóxica pese, aínda que favorecida polo clítico posposto (tamén en 883.11), que contrasta coa forma máis antiga e histórica pes: Por Deus, amiga, pes-vos do gran mal (618.1).

  • 2

    A lección <amigus>, tamén no v. 5, coa terminación gráfica -us é relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana. Na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

    Canto á grafía <et> (tamén nos vv. 7, 15 e 16), de presenza esporádica ao longo dos cancioneiros apógrafos italianos, nomeadamente no Cancioneiro da Vaticana, só ten unha moi limitada presenza no Cancioneiro da Ajuda, con dous rexistros no seu inicio (65 [A2, B92], v. 7; 82 [A16, B109], v. 3) e unha presenza máis maciza na parte final do cancioneiro: 1236 [A283, B1220, V825], v. 10; 982 [A289, B980, V567], v. 12; 997 [A 293, B 993bis, V 582], v. 3; 999 [A295, B995, V584], vv. 2 e 9; 1000 [A296, B996, V585], vv. 2, 7, 15 e 16; 994 [A300, B991, V579], vv. 8, 10 e 15; 996 [A301, B993, V581], v. 6; 894 [A302], v. 4; 896 [A304], v. 15. Na realidade, esta grafía para a copulativa debe ser posta en relación con outras grafías ou formas latinizantes que se detectan ao longo do corpus (véxase nota a 63.2).

  • 9

    Neste verso é utilizado o pronome ela, forma tónica oblicua, como CD sen preposición (des que vi ela), tal como acontece con frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 13

    É necesaria a emenda da palabra rimante (sei > ei) pola presenza de sei no v. 16 en posición de rima, dado que nas outras estrofas non hai artificios de repetición nesa posición. En calquera caso, similar erro xa se percibe noutra pasaxe, limitada a B (ei), que diverxe da lección correcta sei en A (133.27).

  • 16

    Aínda que, en principio, a forma ma de B é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18), débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

  • 20

    A lección de A mostra o carácter espurio da preposición a de BV (lección recollida en Littera), desnecesaria para introducir o CD de querer, que volve aparecer exactamente na mesma construción, de novo como erro, en 226.9: De querer ben [a B] outra moller / punnei eu i á gran sazon. Outras adicións similares de a poden verse en 68.1, 197.4 e 225.2 (B vs. A), 1100.4 (V vs. B) ou 741.7 (BV).

    Por outra parte, a presenza de -n- na forma manuscrita <bona> en B é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso polas leccións de AV), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado