1011 [= RM 63,47]
O meu amigo novas sabe ja

O meu amigo novas sabe ja
daquestas cortes que s’ora fara[n];
ricas e nobres dizen que seran
e meu amigo ben sei que fara
un cantar en que dira de mí ben:
ou [o] fara, ou ja o feito ten.
Loar-mi-á muito e chamar-mi-á «senhor»,
ca muit’á gran sabor de me loar:
a muitas donas fara gran pesar,
mais el fara, come mui trobador,
un cantar en que dira de min ben:
[ou o fara, ou ja o feito ten].
En aquestas cortes que faz el-rei
loará min e meu [bon] parecer
e dira quanto ben poder dizer
de min, amigas, e fara, ben sei,
un cantar [en que dira de min ben:
ou o fara ou ja o feito ten],
ca o viron cuidar, e sei eu ben
que non cuidava ja en outra ren.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


V 597

No folio rachado de B lese perfectamente o número que lle corresponde á composición (1007), así como, parcialmente, a letra inicial <O> do íncipit.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 258-259); Rodríguez (1980: 154 [= LPGP 394]); Cohen (2003: 541); Littera (2016: I, 442).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 213); Braga (1878: 114-115); Fernández Pousa (1959: 113); Machado & Machado (1960: VII, 85).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 31); Cidade (1941: 40); Nemésio (1961 [1949]: 155-156); Fernández Pousa (1951: 109); Álvarez Blázquez (1975: 31); Alvar & Beltrán (1989: 290-291); Sansone (1990: 172); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 80); Souto Cabo (2017: 113); Corral Díaz & Vieira (2023: 173).

Variantes manuscritas


18 cantar] cātr̃ V

Variantes editoriais


5 mí] mi[n] Rodríguez, Cohen, Littera   10 come] com’é Rodríguez, Cohen, Littera   11 min] mi Nunes   13 En aquestas] En’aquestas Littera   16 ben sei] ben o sei Rodríguez

Paráfrase


(I) O meu amigo xa coñece as novas destas cortes que agora se van facer; ricas e nobres din que serán, e ben sei que o meu amigo fará un cantar en que dirá ben de min: ou o fará ou xa feito o ten.

(II) Louvarame moito e chamarame «señora», pois ten un desexo moi grande de me louvar: a moitas donas causará un gran pesar, mais el fará, como moi bo trobador (que é), un cantar en que dirá ben de min: ou o fará ou xa feito o ten.

(III) Nestas cortes que fai o rei louvarame a min e a miña fermosura e dirá todo canto ben poida dicir de min, amigas, e fará, ben o sei, un cantar en que dirá ben de min: ou o fará ou xa feito o ten, (1) porque o viron pensoso, e sei eu ben que non pensaba xa noutra cousa.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:88) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 7 -mi͜ muito‿e, -mi͜

Notas


Texto
  • 5

    Nótese a variación mí ~ min no refrán (I ; II-III min), nivelada en todas nas edicións precedentes –agás en Nunes, que mantén min só na estrofa III–, en liña coa alternancia das dúas formas na lingua trobadoresca e mais na lingua medieval en xeral. Cfr. nota a 27.4.

  • 6

    O hipérbato desloca o pronome para a posición dun aparente artigo: ou ja o feito ten = ou ja o ten feito.

  • 10

    O ritmo aconsella non segmentar a forma verbal é en come (com'é), que, por outra parte, non é necesaria para a correcta expresión nesta pasaxe (véxase Ferreiro 2016d: 51-52).

  • 14

    Neste verso é utilizado o pronome min, forma tónica oblicua, como CD sen preposición (loará min), tal como acontece con frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 16

    Na edición de Rodríguez o verso resulta hipermétrico pola banalización da expresión fraseolóxica ben sei (que só se rexistra en 1259.6), que o ilustre editor compostelán converteu en ben o sei.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado