I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 261-262); Rodríguez (1980: 163 [= LPGP 393]); Cohen (2003: 544); Littera (2016: I, 444).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 214); Braga (1878: 115); Fernández Pousa (1959: 234); Machado & Machado (1960: VII, 87-88).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 32); Alvar & Beltrán (1989: 291-292).
2 amiga] amigas V 5 el] ci V 6 rogar] roguar V 10 preito] piuo V 15 p[ro]uguera] pugnera V 20 começar] comezar V
2 amiga] amigas Nunes 5 ousa mentar] ous’a mentar Nunes : ousa ‘mentar Cohen, Littera 8 el[e]] el [o] Nunes 11 ousa mentar] ous’a mentar Nunes : ousa ‘mentar Cohen, Littera 13 que lh[o] eu] [já] que lh’eu Nunes 14 que] ca Cohen; ouv’i] houvi Littera 17 ousa mentar] ous’a mentar Nunes : ousa ‘mentar Cohen, Littera 20 non á quen i o] non o quiso Nunes : non á quen o Cohen : nom há quen’o Littera
(I) O meu amigo non pode recibir ben de min, amiga, vede por que non: el non mo di, así Deus me perdoe, nin llo digo eu a el, e así nos acontece: el con pavor non mo ousa mentar; eu, amiga, non llo podo rogar.
(II) E xa hai moito tempo, abofé, que el puidera gozar do meu ben e nunca xamais mo ousou dicir; e o asunto direivos como é: el con pavor non mo ousa mentar; eu, amiga, non llo podo rogar.
(III) E hai moito tempo que eu llo entendín, porque mo dixeron, mais el tivo moito medo alí de me causar pesar e, por Noso Señor, agradaríame moito iso, e así estamos: el con pavor non mo ousa mentar; eu, amiga, non llo podo rogar.
(1) E o asunto estaba disposto para se consumar, mais non hai quen o comece.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:87) + 10c 10c
Encontros vocálicos: 20 i‿o
O refrán da cantiga, coa interpelación a unha amiga, parece confirmar que a lección <amigas> sería un erro de V por <amiga>.
Non obstante, tamén se podería considerar que o plural amigas fose unha interpelación ás amigas, mentres que no refrán amiga sería unha referencia a si mesma, que si se sente amiga (disposta a corresponderlle e a fazer ben ao amigo) e como tal non pode ser ela quen tome a iniciativa de rogar ao amigo.
O texto de V permite a segmentación da preposición a para a construción ousar + a + infinitivo, que Nunes propón na súa edición. Con todo, no corpus trobadoresco profano prevalece a ausencia da preposición neste complexo verbal (véxase nota a 167.11).
No relativo a mentar, esta variante xa presenta a aférese inicial de e- que se consolidou na lingua moderna e de que achamos unha ocorrencia antiga na obra Menina e Moça de Bernardim Ribeiro (a mediados do século XVI): Mas, ao mentar do cavaleiro que ela fez, ouvio ele como per sonhos (cfr. CGPA, s.v.). Talvez por isto Cohen (e Littera) suxire unha crase a través de ‘mentar.
Para alén da inxustificada refacción textual de Nunes, a sinalefa i‿o fai prescindíbel a expunción de i que Cohen (e Littera) propón (cfr., por exemplo, i‿aviltar, 7.10; i‿ora (1334.13). Neste sentido, non é necesaria a emenda proposta por Gonçalves (1983: 109) para converter o adverbio pronominal i no pronome de interese xi: ...mais non á quen [x]i-o começar.