1022 [= Tav 63,57]
Par Deus, mia madr’, ouvestes gran prazer

Par Deus, mia madr’, ouvestes gran prazer
quando se foi meu amigo d’aqui,
e ora ven e praz én muit’a mí;
mais ũas novas vos quero dizer:
se vos pesar, sofrede-o mui ben,
ca ‘ssi fig’eu quando s’el foi d’aquen,
ca fostes vós mui leda do meu mal
quando s’el foi, e querrei-vos eu ja
mal por end’, e dizen-mi que verra
mui ced’; e quero-vos eu dizer al:
se vos pesar, sofrede-o mui ben,
[ca ‘ssi fig’eu quando s’el foi d’aquen].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1018, V 608

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 268); Rodríguez (1980: 185 [= LPGP 398-399]); Cohen (2003: 551); Littera (2016: I, 449).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 217); Braga (1878: 116-117); Machado & Machado (1956: V, 12); Fernández Pousa (1959: 241).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 34); Álvarez Blázquez (1975: 33).

Variantes manuscritas


1 ouvestes] onve stes B   6 s’el foi d’aquen] sse foi daquer V   7 vós] uꝯ V   8 querrei] queirey B : q̅irey V; eu] en V   9 por end’] pored B : potēd V; verra] ueira B   10 ced’e] zede V

Variantes editoriais


6 ca ‘ssi] c’assi Nunes, Rodríguez   12 ca ‘ssi] c’assi Nunes, Rodríguez

Paráfrase


(I) Por Deus, miña nai, sentistes un gran pracer cando se foi o meu amigo de aquí, e agora vén e iso práceme moito a min; mais quérovos dicir unhas novas: se vos causa pesar, soportádeo ben, pois así o fixen eu cando el se foi de aquí, (II) porque vos alegrastes moito do meu mal cando el se foi, e xa eu vos hei querer mal por iso, e dinme que virá moi cedo; e quérovos eu dicir outra cousa: se vos causa pesar, soportádeo ben, pois así o fixen eu cando el se foi de aquí.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:93)

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha verdadeira cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva de tipo causal entre as súas dúas estrofas, aínda que non fose incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 2

    Este verso, que reaparece en 1023.2, é tamén o incipit dunha cantiga de amigo de Joan Vaasquiz de Talaveira (781.1).

  • 6

    O adverbio assi presenta a súa forma reducida por necesidades métricas con frecuencia despois da conxunción causal ca (82.10, 94.10, 239.10, 290.16, 321.15, 702.11, 983.3, 1231.7, 1364.r3). Véxanse tamén nota a 179.30 e mais a 481.13.

  • 7

    A lección dos apógrafos italianos mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece en V (vs. B) como unha forma átona <uꝯ>, cun erro que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Así, en BV, pode verse a lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V). Porén, o lapso de copia rexístrase tamén no Cancioneiro da Ajuda fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8; e aínda existe outra pasaxe con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado