I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 274-275); Rodríguez (1980: 204 [= LPGP 372-373]); Cohen (2003: 558); Littera (2016: I, 452-453).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 219); Braga (1878: 118); Machado & Machado (1956: V, 19-20); Fernández Pousa (1959: 248).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 293-294); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 86).
5 eu] en V 7 fezestes] o fezestes BV; Deus] de B 11 eu] en B 13 fezestes] o fezestes BV 17 melhor] melhe V 19 naceu] nazeu V
5 cuid'eu] cuid[ava-m]’eu Nunes, Cohen, Littera : cuid[ava] eu Rodríguez 7 dé] dê Nunes, Littera 10 dé] dê Nunes, Littera 11 cuid'eu] cuid[ava-m]’eu Nunes, Cohen, Littera : cuid[ava] eu Rodríguez 17 cuid'eu] cuid[ava-m]’eu Nunes, Cohen, Littera : cuid[ava] eu Rodríguez 19 Bon] [E] bon Cohen, Littera; com[e] eu] com[o] eu Nunes, Rodríguez : com’eu Cohen, Littera
(I) –Ai miña filla, de vós quero saber por que fixestes todo canto vos pediu o voso amigo, que non vos volveu falar.
–Por Deus, miña nai, diréivolo eu: eu penso obter desa forma melloría (na nosa relación), e seméllame que non é así.
(II) –Por que fixestes, filla, así Deus vos dea ben, canto vos el veu rogar, que desde entón non vos quixo falar de novo?
–Diréivolo eu, así Deus me dea ben: eu penso obter desa forma melloría (na nosa relación), e seméllame que non é así.
(III) –Por que fixestes, filla, así Deus vos perdoe, canto vos el veu dicir, que desde entón non vos quixo ver de novo?
–Diréivolo eu, así Deus me perdoe: eu penso obter desa forma melloría (na nosa relación), e seméllame que non é así.
(1) –Afortunado é, como eu ouvín, quen aprende dos erros alleos e non dos propios.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 8C 10C + 10c 10c
Encontros vocálicos: 20 castiga‿e
A emenda do presente (cuid’eu) para copretérito (cuidava eu / cuidava-[m]'eu) foi proposta por todos os editores como a mellor solución para nivelar metricamente o refrán e se cadra tamén para acomodar a expresión temporal do refrán ao pretérito fezestes das tres estrofas (vv. 2, 7, 13). Porén, o presente cuido acae perfectamente con semella no verso seguinte, e a combinación de versos octosilábicos e decasilábicos no refrán (e nalgunha fiinda) tamén existe no corpus (véxase, por exemplo, a cantiga UC 1276).
A reintegración vocálica en Direi-vo-l[o] eu que se manifesta como necesaria nos vv. 10 e 16 está indicada pola presenza de direi-vo-lo eu no v. 4.
O carácter espurio do pronome o nos vv. 11 e 16 (*por que o fezestes...) vén determinado polo simétrico v. 2 da estrofa I (por que fezestes quanto vos mandou), pola hipermetría que o pronome provoca e, finalmente, por razóns sintácticas, xa que o CD de fezestes é quanto vos el vẽo rogar / dizer (vv. 8 e 14). Similares erros de transmisión poden verse en 423.4 (V), 776.15 (BV), 1374.4 (BV) ou 1477.27 (BV).
Sen dúbida, a restauración da copulativa inicial da fiinda é unha opción defendíbel do punto de vista editorial, dada a frecuencia con que está ausente nos manuscritos (véxase nota a 274.19). No entanto, a presenza da secuencia come eu, con dialefa, por exemplo en 1074.5 (ca vós morredes come eu d’amor) lévanos a propor esa reintegración vocálica no texto.
Con Cohen, consideramos que os versos da fiinda deben atribuírse á nai, que tras escoitar a resposta da filla, emite unha sentenza baseada nun dito tradicional que afirma que son afortunados aqueles que non teñen que sufrir polos erros propios e aprenden dos erros alleos.
Na versión electrónica de Littera consideran máis probábel que sexa a filla quen pronuncie estas palabras. En calquera caso, coidamos que a súa interpretación literal do refrán popular non é a correcta: “O sentido geral é irónico: feliz aquele que sabe criticar os outros mas não a si mesmo” (https://cantigas.fcsh.unl.pt/cantiga.asp?cdcant=1043&pv=sim [consult. 14-7-2022]).
Lémbrese que, en xeral, na Idade Media castigar-se significa ‘emendarse, corrixirse’. Cfr. nota a 579.4.