I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 275-276); Rodríguez (1980: 207 [= LPGP 400-401]); Cohen (2003: 559); Littera (2016: I, 453).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 219); Braga (1878: 118); Machado & Machado (1956: V, 21-22); Fernández Pousa (1959: 249).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 100).
3 mí] mī V 4 vos] nꝯ B 7 falei] falei eu BV 9 enfingir] enffrager B : enffinger V
3 mí] min Nunes, Rodríguez, Cohen, Littera 5 dizede] diredes Nunes : dizede[s] Littera 7 falei] eu falei Cohen : falei eu Littera 10 eu falar] eu [ar] falar Nunes, Cohen, Littera 11 dizede] diredes Nunes : dizede[s] Littera
(I) Cando eu fun un día falar convosco, meu amigo, fíxeno por ben, e vangloriástesvos de min por iso; mais, se de novo eu vos falo outra vez, dicide vós logo que fixestes comigo canto quixestes facer, (II) pois, meu amigo, falei unha vez convosco por vos librar da morte, e fóstesvos vós vangloriar de min; mais se eu vos falo outra vez, dicide vós logo que fixestes comigo canto quixestes facer, (1) pois moi ben sei eu que non fixestes a metade de canto vós dixestes.
Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 9’C 9’C (= RM 160:264) + 9’c 9’c
Encontros vocálicos: 10 ma·is
Esta composición é unha verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva de tipo causal entre as súas dúas estrofas, aínda que non fose incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).
A segunda conxugación no verbo enfenger é minoritaria no corpus (véxase tamén 768.5), xa que predomina a forma correspondente á terceira conxugación (enfingir) ou mesmo a variante disimilada enfinger. Así, nótese como a palabra rimante no v. 9 ten de ser enfingir (en rima con guarir, v. 8), embora os códices subministren leccións que remiten á segunda conxugación.
As diversas emendas de Nunes e Littera no texto deste verso do refrán carecen de xustificación, considerando que se trata dun enunciado irónico.
Coa recolocación de eu en posición preverbal (coa sinalefa amigo, ‿eu), Cohen (e Littera) mantén a presenza do pronome, moi probabelmente elemento espurio no texto: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.
Considerando a posibilidade de contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), son desnecesarias as emendas dos editores neste verso (eu [ar] falar en Nunes, Cohen e Littera), sen dúbida inducidas polo aparente problema de hipometría.
Fronte ao resultado meo (só en 278.5), na poesía profana a forma meio ‘metade’ (< medium) é transmitida sempre por BV, a funcionar como substantivo ou como adxectivo anteposto, o mesmo que forma parte da locución prepositiva en/(e)no meio de (456.4 e 6, 489.14, 1030.14, 1377.14, 1473.9, 1631.13 etc.).