I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 282-283); Rodríguez (1980: 229 [= LPGP 393]); Cohen (2003: 567); Littera (2016: I, 457-458).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 221-222); Braga (1878: 119); Machado & Machado (1956: V, 30); Fernández Pousa (1959: 256).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 294-295); Arias Freixedo (2003: 439-440); Magalhães (2007: 100).
9 min] mi V 10 dórmia] dorma V 14 prazer-mi-á] pezermha V 16 dormirá] dormital B
1 forçado] forçad’é Nunes, Rodríguez 3 poder] puder Littera 7 E quen ben qu[is]er seu tempo passar] E quen [mui] ben quer seu tempo passar Nunes : E quen ben quer [o] seu tempo passar Rodríguez, Littera 9 min] mi Cohen, Littera 18 atanto] atando Rodríguez 19 s’el[e]] s[e] el Nunes, Littera
(I) O meu amigo forzado de amor, xa que agora quere vivir comigo unha tempada, se o puider facer, non durma xa mentres estea comigo, pois dese tempo que viva comigo tanto perderá canto durma.
(II) E quen ben quixer pasar o seu tempo, cando está coa súa señora non dorme nada, e o meu amigo, xa que vén para (xunto de) min, non durma xa mentres more comigo, pois dese tempo que viva comigo tanto perderá canto durma.
(III) E se lle prouguer de dormir alá onde el está, parecerame ben, abofé, aínda que durmir é tempo perdido; mais aquí non durmirá co meu consentimento, pois dese tempo que viva comigo tanto perderá canto durma.
(1) E despois que el se vaia de xunto de min, durma tanto canto queira dormir.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:86) + 10c 10c
Encontros vocálicos: 4 dór·mi͜a; 14 -mi͜-á; 10 dór·mi͜a; 20 dór·mi͜a
O verso non precisa emenda, pois é suxeito de dórmia: O meu amigo forçado d’amor, ... / ..., non dórmia ja mentre comigo for.
Para alén da correcta e usual concordancia temporal (quiser ... dórmia) nunha cláusula de relativo con valor condicional, a emenda quer > quiser xa está atestada con seguranza nun refrán de Joan Airas de Santiago (1034.18). Aliás, o sintagma meu / teu tempo, relativamente frecuente no corpus, nunca presenta o artigo. Véxanse algunhas mostras, entre outras posíbeis:
ca melhor m’é ca tal vida viver
e ca meu tempo tod’assi passar (424.14).
E assi pode seu tempo passar,
quando con prazer, quando con pesar (576.19-20).
[e] oj’aquel que o rogar quiser
por sí o rog’e leix’a min pas[s]ar
as[s]i meu tempo, ... (625.5).
Nótese a variación de teor analóxico na forma dorma en V, fronte á variante máis común dórmia en B. Véxase nota a 652.9.