625 [= RM 118,6]
Non quer’a Deus por mia morte rogar

Non quer’a Deus por mia morte rogar
nen por mia vida, ca non mi á mester;
[e] oj’aquel que o rogar quiser
por sí o rog’e leix’a min pas[s]ar
as[s]i meu tempo, ca, mentr’eu durar,
nunca me pode ben nen mal fazer,
nen ond’eu aja pesar nen prazer.
E ja m’El tanto mal fez que non sei
ren u me possa cobrar diss’, e non
sei nen sab’outren nen sab’El razon
por que me faça máis mal de quant’ei;
e, pois eu ja per tod’esto pas[s]ei,
nunca me pode ben nen mal fazer,
[nen ond’eu aja pesar nen prazer].
E ben nen mal nunca m’El ja fara,
pois m’El pesar con tan gran coita deu
que nunca prazer no coraç[on] meu
me pode dar, ca ja non poderá;
e, pois por min tod’esto passou ja,
nunca me pode ben nen mal fazer,
nen ond’eu aja pesar nen prazer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 609, V 211

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 209-210); Simões (1991: 45 [= LPGP 759]); Littera (2016: II, 271-272).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 83); Braga (1878: 42); Machado & Machado (1952: III, 254-255).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 128-129); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 174).

Variantes manuscritas


No final da cantiga en V aparece o que parece o inicio doutra estrofa: Nō soss en mī ꝑ rē.

1 mia] ma B   2 ca] ia V   3 [e] oj’aquel] <...> : oy aquel V; que] che V   5 meu] m eu B : in eu V; mentr’] mente V   6 nen] mē B   8 fez] fes V   9 diss’, e] dise B   10 nen sab’el] nero sabel B   11 de quant’ei] dēquatey V   12 esto] este B; pas[s]ei] posey B : pasey V   13 ben] rem V   15 m’El ja fara] mal ia faça B   16 pesar] pessar BV; con tan] conᵗʳᵃ V   17 no coraç[on] meu] < + > : notoras meu V   18 me] ma V; ca ja] cara B : tara V; non] nē V   19 por] par B; tod’esto passou ja] < + > B : todesto pallou ia V   20 Nunca < + > B   21 Nem <...> B : nem ondeu aia passar nen jnazar V

Variantes editoriais


3 [e] oj’aquel] oj’aquel[e] Nunes : [e p]oy[s] aquel Simões : [e p]oi[s] aquel Littera

Paráfrase


(I) Non quero rogar a Deus pola miña morte nin pola miña vida, porque non me vale de nada; e quen o queira rogar por si o rogue, e déixeme a min pasar deste xeito o meu tempo, porque, mentres eu viva, nunca me poderá ben nin mal facer, nin nada de que eu sinta pesar nin pracer.

(II) E xa El me fixo tanto mal que non sei como me podería recuperar diso, e non sei nin sabe outra persoa nin El sabe unha razón por que me faga máis mal do que xa teño; e, dado que eu xa pasei por todo isto, nunca me poderá ben nin mal facer, nin nada de que eu sinta pesar nin pracer.

(III) E xa nunca El me fará ben nin mal, pois El me provocou pesar con tan gran coita que non me pode dar nunca gozo no meu corazón, pois xa non poderá; e, dado que eu xa pasei por todo isto, nunca me poderá ben nin mal facer, nin nada de que eu sinta pesar nin pracer.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C (= RM 139:6)

Encontros vocálicos: 2 mi‿á

Notas


Texto
Buscar
    Non se atopou ningún resultado