626 [= Tav 118,9 (= 118,10)]
Tal sazon foi en que eu ja perdi

Tal sazon foi en que eu ja perdi
quanto ben ouv’e non cuidei aver
que par podesse a outro ben seer;
mais ora ja mi guisou Deus assi
que, u perdi tan gran ben de senhor,
cobrei d’atender outro mui melhor
en todo ben de quantos outros vi.
E, quand’en outra sazon perdi eu
aquel gran ben, log’i cu[i]dei que non
perdesse coita do meu coraçon;
mais agora Deus tal senhor mi deu
que de bon prez e sén e parecer
é mui melhor de quantas quis fazer,
e quis log’i que foss’en poder seu.
Quand’eu perdi aquela que amar
sabia máis que min nen outra ren,
non cuidava d’atender outro ben;
mais proug[u]e a Deus de mi-o as[s]i guisar:
que, u perdi aquela que amei,
en outra senhor mui melhor cobrei,
que me faz Deus servir e desejar.
Por én na sazon en que m’eu quei[x]ei
a Deus, u perdi quanto desejei,
oimais poss’eu con razon Deus loar
porque me pôs en tal cobro que ei
por sen[h]or a melhor de quantas sei,
en que pôs tanto ben que non á par.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manuscritos


B 610, V 212

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 211-212); Simões (1991: 51 [= LPGP 760-761]); Littera (2016: II, 272-273).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 83); Braga (1878: 42-43); Machado & Machado (1952: III, 255-256).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 126-127); Nunes (1959: 264-265); Oliveira & Machado (1959: 68-69); Diogo (1998: 195-196).

Variantes manuscritas


1 Tal] Val B; en] om. B   2 quanto] [****]to V   6 melhor] melħor V   7 quantos] quāto B   8 quand’en outra sazon] qūdeu out̃ out̃ ffazō B : q̄ndeu out̃ out̃ ffazō V; perdi eu] perdi(d)eu V   9 gran] g̃u B; cuidei] cudey V   10 perdesse] perdese V; coraçon] cura cō B : curacom V   11 senhor] senʳ V   13 quis] q̄s B   14 quis] q̄s B; foss’en] fosem V; poder seu] seu poder BV   15 Quand’eu] Huā deu BV; perdi] ꝑdi(r) V; aquela] aqⁱla B   17 d’atender outro] dāteđs ouiro V   18 de mi-o] demhs̄ B : demħo   20 senhor] senʳ   22 Por én] Mosem B : Morem V; que[i]xei] q̄y eiy B : quey eiy   24 con razon] cō irazō B : corrazō V   25 porque] Epor q̄ B : E por q̄ V   26 sen[h]or] sen̄ B : senʳ V; quantas] q̄ntas V

Variantes editoriais


2 ouv’e non] ouve nen Nunes   3 podesse] podess(e) Nunes   20 en] eu Nunes   22 Por én na] [Foi] en-na Simões : [Foi] ena Littera   25 porque] E, por que Nunes

Paráfrase


(I) Houbo un tempo en que perdín todo canto ben tiven e e non pensei que (eu) puidese ter outro ben que se lle puidese equiparar; mais agora Deus xa dispuxo para min que, cando perdín o gran ben da miña dama, fun compensado por outro ben moito mellor de todos cantos vin.

(II) E cando noutro tempo perdín aquel gran ben, logo pensei que non perdería a coita que tiña no meu corazón; mais agora Deus deume unha señora tal que en valía e intelixencia e fermosura é moito mellor que cantas El quixo facer, e quixo logo que eu ficase baixo o seu poder.

(III) Cando eu perdín aquela que amaba máis que a min nin que a calquera outra cousa, non pensaba esperar outro ben; mais prougo a Deus de así mo dispor, pois, cando perdín aquela que amei, recibín compensación con outra señora moito mellor, que Deus me fai servir e desexar.

(1) A pesar do tempo en que eu me queixei a Deus, cando perdín canto desexei, de aquí en diante podo louvalo con razón, (2) porque logrou que teña por señora a mellor de cantas coñezo, en quen puxo tanto ben que non ten par.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 2 x 10c 10c 10a (= Tav 161:75)

Encontros vocálicos: 3 podesse‿a; 18 proug[u]e‿a, mi-‿o

Notas


Texto
  • 14

    A rima demostra o evidente erro de copia en BV, por inversión de elementos no final do verso: nas cantigas profanas existen diversas pasaxes en que existe unha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, delatada pola rima (véxase para outros casos similares 215.1, 383.12, 421.18, 590.3, 688.20, 796.5, 938.16-17, 1185.5 etc.).

  • 22

    A corrección máis económica das leccións <Mosem> B, <Morem> V é por én, onde só se parte do erro <m>/<p> en V (e <ſ>/<r> en B), que, por outra banda, é corrección ben acaída desde o punto de vista semántico.

  • 25

    A métrica e a sintaxe indican que a copulativa inicial do verso é espuria e que debe ser expunxida. Neste sentido, existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado