I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 285-286); Rodríguez (1980: 238 [= LPGP 402-403]); Cohen (2003: 570); Littera (2016: I, 459-460).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 223); Braga (1878: 120); Machado & Machado (1956: V, 36-37); Fernández Pousa (1959: 259).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 89); Arias Freixedo (2003: 444-445).
4 en] eu V 6 nulh’ome] Nullome B 10 seu] sen BV 14 paz] par BV 15 ventura] uentᵉa V
4 log’en aquel] log’en aquel[e] Rodríguez : log[o] en aquel Cohen : log[o] em aquel Littera 12 ome] om’ Cohen 14 paz] par Nunes 18 ome] om’ Cohen
(I) Eu cumpriría o desexo do meu amigo de moi bo grado, amiga, así volo digo; mais logo nese día el non deixará, amiga, ninguén a quen non llo diga.
(II) Concederíallo de moi bo grado porque sei que me desexa; mais, se dispuxese onde me vise e fixese o que me pedise, el non deixará, amiga, ninguén a quen non llo diga.
(III) Anda tan coitado por min que non ten paz nin mesura; porén, se eu por acaso fixese canto el pide, el non deixará, amiga, ninguén a quen non llo diga.
(1) É contador de calumnias, e dirao logo, amiga.
Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (= RM 160:451) + 7’c 7’c
Encontros vocálicos: 4 ma·is; 6 ome‿a; 12 ome‿a; 18 ome‿a
O abrupto inicio da cantiga con que é frecuente no corpus trobadoresco, sempre seguido de muito ~ mui, que confire un carácter exclamativo (‘Canto...!’) ao inicio da composición (196.1, 199.1, 393.1, 407.1, 574.1, 624.1, 836.1, 866.1, 942.1, 1040.1, 1173.1, 1397.1), para alén de que se poida tamén considerar que a conxunción inicial introduce un período dependente dun verbo declarativo elíptico, que nalgún texto é claro (253.1, 432.1, 737.1).
A contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c) converte en desnecesarias as diversas emendas dos editores neste verso (aquel[e] en Rodríguez, log[o] en Cohen e Littera), todas inducidas polo aparente problema de hipometría.
Nótese a grafía <nulla>, con <ll> en vez de <lh>, que é verdadeiramente frecuente neste indefinido nos apógrafos italianos, sobre todo en B. Así ocorre nos seguintes contextos, todos eles pertencentes a cantigas transmitidas unicamente por B (ou por AB): 39.2, 44.5, 55.18, 65.11, 12, 14 e 20, 66.16, 71.24, 72.3, 73.13, 74.28, 92.15, 94.3, 96.11, 97.5, 104.6, 107.9, 108.18, 111.7, 135.16, 152.9 e 12, 166.16, 235.18, 236.28. Ora ben, <ll> en nulho é grafía escasa no Cancioneiro da Vaticana, aínda que tamén se rexistra nalgunhas cantigas compartidas con B: 419.2, 701.13, 721.171 , 1516.6, 1609.18, 1643.10. Noutros casos, existe forma con <ll> ou con <lh> só nun dos apógrafos italianos: B vs. V (29.22, 1040.6, 1392.9, 1533.6, 1580.12), V vs. B (362.6, 373.17).
Na realidade, a grafía <ll>, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B), só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente da xeminada latina (alli, aquela e ela, bailada, castelo, cavalo, eles, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc.), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo (véxase nota a 6.32) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).
Fóra do indefinido nulho/a, é excepcional nos cancioneiros italianos a aparición de <ll> para a lateral palatal /ʎ/, pois só se rexistran cinco ocorrencias deste tipo. Véxase nota a 199.33.
Nunes conservou a lección dos manuscritos, cunha puntuación que procura encaixar semanticamente a expresión (que non á par, nen mesura). Con todo, é razoábel pensar nun erro <r>/<z> que se rexistra en bastantes ocasións en posición final e tamén en posición interior, nomeadamente en 1598.25, onde paz presenza as leccións <par> B, <pax> V. Véxanse algúns outros exemplos en final de palabra: por <poz> B (335.10); porque <poz > BV (381.13); parecer <parecez> B (429.29); sofredor <ssof’doz> B, desejar <deseiaz> V (624. 11 e 14); morrer <morrez> V (1469.20), comprar <cōpraz> B (1586.17) etc.
A formación nominal dizedor, con evidente carga pexorativa, só aparece noutra pasaxe do corpus (Per’Eanes Marinho):
E, meu amor, eu vos venho rogar
que non creades nen un dizedor
escontra min (938.14).
Pola súa parte, o substantivo nemiga (coa mesma orixe que inimigo, con aférese a partir da forma latina), co significado de ‘maldade, vileza, calumnia’, semella forma fundamentalmente literaria, pois, alén das cantigas profanas e marianas, a Demanda do Santo Graal e Virgeu de consolaçon, ou crónicas históricas, só a achamos na Primeira Partida afonsina.
Mays pola nemiga e o mal q(ue) fez en nõ temer De(us) [e] en seirlhy de mãdado, caeu por ende en pecado p(or) q(ue) mereçeu a p(er)der a m(er)çee de De(us) e seer strãhado del e deitado do parayso (CdP, s.v.).
Neste caso aparece <Nula> B (e <Nulla> en V), probabelmente por erro de copia no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, con omisión de <l>.