Na primeira copia da composición nos cancioneiros italianos (B 1044, V 634) falta a estrofa IV. A copia do derradeiro refrán en V’ foi feito como se se tratase dunha fiinda.
I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 293-294); Rodríguez (1980: 261); Cohen (2003: 579); Littera (2016: I, 464-465).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 225, 226-227); Braga (1878: 121-122, 122); Machado & Machado (1956: V, 50-52); Fernández Pousa (1959: 267, 271 [= LPGP 386]).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 333); Álvarez Blázquez (1975: 34); Pena (1990: 111-112); Diogo (1998: 223-224).
1 Vay meu amigo morar con el Rey B’ : Vay meu amigo morar cō el rey V’ 2 amigas] amiga B’V’; grand’amor] grad amor BV 3 eu] ey B 4 lhe] lhi B’V’; morri assi] moirassy B : moirassi V : moiri assy B’ 5 morri] moiry B’ 6 des i] đsi V 7 Por nulha ren non me posso] Nen de morte nono pode B’V’ 8 moira] morra V; ced’e con gran pesar] ced engrā pesar B : ced en ꝯ grā pesar V; con] om. B 9 e amigas] Camigas B : camigas V : E amiga B’ : eamiga V’ 10 qual] q̅l V; eu] en B; quand'el] quaudel B 11 morri] moiri B’ 13 Eu] E eu B’V’; morrerei] moirerey BB’ 14 e amigas] camigas V : E amiga B’ : e amigo V’; quand’el aqui] qwd el a q̅ V : quaudel B 15 fara] dira BV; quen] que B : q̅ V 16 qual] ꝙ̄ B : q̅r V; o non vi] emē euu B : a non V 19-24 om. BV 21 morrer] moirer B’ 23 morri] moiri B’
4 lhe] lhi Rodríguez 7 Por nulha ren] Nen de morte Cohen 15 fara] dirá Littera
(I) Foise o meu amigo para a corte do rei e, amigas, co grande amor que lle teño, cando el voltar, eu xa morta estarei; mais non lle digan que morrín deste xeito, porque, se souber como morrín por el, a súa vida será moi curta desde entón.
(II) De ningunha maneira podo evitar morrer cedo e con gran sufrimento; e, amigas, cando el chegue aquí, que non saiba por vós que morte sufrín, porque, se souber como morrín por el, a súa vida será moi curta desde entón.
(III) Eu morrerei cedo, se Deus quixer; e, amigas, cando el aquí chegue, quen lle diga a morte que tiven desde o momento en que non o vin cometerá desmesura, porque, se souber como morrín por el, a súa vida será moi curta desde entón.
(IV) Xa non podo librarme da morte; mais, cando el regrese para me ver, non lle digan como el me fixo morrer antes de tempo ao marchar de aquí, porque, se souber como morrín por el, a súa vida será moi curta desde entón.
Esquema métrico: 10a 10a 10a 10b 10B 10B (= RM 19:16)
Encontros vocálicos: 10 sá·bi͜a
A dupla transmisión da cantiga exhibe unha diverxencia no inicio da composición a través do uso do tempo pretérito no incipit e mais na interlocución plural (amigas), que contrasta co tempo presente e o singular amiga da segunda copia: Foi-s’o meu amigo a cas d’el-rei / e, amigas, ... vs. Vai meu amigo morar con el-rei e, amiga, ...
Nótese como a lección moir’assi de BV implica hipometría.
Neste verso volve aparecer unha nova redacción diverxente entre as dúas copias, con sutís mudanzas e adaptacións:
Por nulha ren non me posso guardar
que non moira ced’e con gran pesar.
Eis a segunda versión:
Nen de morte non o pode guardar
que non moira ced’én con gran pesar.
Talvez a presenza de dira en BV obedece a un lapso por atracción fonética da consoante dental de desmesura e a presenza de disser no final do verso: desmesura fara/*dira quen lhi disser.