I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 294-295); Rodríguez (1980: 265 [= LPGP 374-375]); Cohen (2003: 580); Littera (2016: I, 465).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 225); Braga (1878: 122); Machado & Machado (1956: V, 46); Fernández Pousa (1959: 268).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 157); Álvarez Blázquez (1975: 35); Torres (1977: 458); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 91).
6 Dizedelhi que mente / E dizedehli que mente B : dizede lhi que mente / e dizetelhi que mente V
En Nunes e en Rodríguez todos os versos da cantiga son presentados como versos hexasilábicos graves. En Littera o último verso (v. 6) foi dividido en dous versos hexasilábicos.
6 e] om. Nunes, Rodríguez, Littera
(I) Ameivos sempre, amigo, e gardeivos lealdade: se quixerdes preguntar, moi discretamente, saberedes, amigo, que vos digo a verdade; ou se falardes con algún maldicente e vos quixer, amigo, facer entender outra cousa, dicídelle que mente e dicídelle que mente!
Esquema métrico: 13’a 13’a 13’a 13’b 13’b 13’b
Encontros vocálicos: 6 mente‿e
A voz puridade ‘segredo’, do lat. tard. puritātem, aparece de modo restrito no corpus trobadoresco, con só máis tres ocorrencias (568.5, 860.9, 1075.13) nas cantigas profanas e outras tantas nas Cantigas de Santa Maria; ora ben, é especialmente frecuente na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España, para alén doutros textos galego-portugueses (véxase CGPA, s.v. puridade, poridade).
É certo que existe a posibilidade de presentar o v. 6 como dous versos hexasilábicos graves (así en Littera), coa repetición da palabra rimante mente1 . Porén, esa repetición e tamén o feito da existencia da copulativa inicial do que sería o derradeiro verso con esa opción (e dizede-lhi que mente) aconsellan, con Cohen, fixar un verso longo, coa sinalefa mente‿e que evita calquera problema métrico.
Esa foi a decisión tomada en LPGP na presentación desta cantiga.