1066 [= RM 22,6]
Amor, ben sei o que m’ora faredes

Amor, ben sei o que m’ora faredes,
pois m’en poder d’atal senhor metedes
de contra quen me depois non valredes,
u eu por ela tal coita levar,
a qual me non saberei conselhar.
Por én vos rog’, Amor, que me leixedes
viver se ben fazer non me queredes,
ca eu ben sei que vós poder avedes
de mi fazerdes, se quiserdes, ben,
Amor, ou mal, quando vos prouguer én.
E, pois mi ben e mal fazer podedes,
non mi façades quanto mal sabedes
fazer; máis dereit’é que mi mostredes
o mui gran ben que podedes fazer,
Amor, pois eu son en vosso poder.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


B 1064, V 655

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 419-420); Indini (1978: 105 [= LPGP 166]); Littera (2016: I, 150-151).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 232); Braga (1878: 125); Machado & Machado (1956: V, 79); Camargo et alii (1992: 25).

Variantes manuscritas


3 valredes] ualeredes B : ua ler̄ đs V   4 levar] lenar B   6 me] om. B   7 se] sen BV   12 façades] fazades V; sabedes] fazeđs V

Variantes editoriais


3 de contra ... valredes] contra ... valeredes Nunes, Indini, Littera   7 se] s’en Littera

Paráfrase


(I) Amor, ben sei o que agora me faredes, pois me metedes en poder de tal señora contra quen despois non me valeredes, cando eu por causa dela sufra coita, á cal non saberei pórlle remedio.
(II) Por iso vos rogo, Amor, que me deixedes vivir se non me queredes socorrer, pois eu ben sei que vós, Amor, tendes poder para me facerdes ben, se quixerdes, ou mal, cando tal vos prouguer.
(III) E xa que ben e mal me podedes facer, non me fagades canto mal sabedes facer; máis xusto é que me mostredes o moi gran ben que podedes facer, Amor, xa que eu estou baixo o voso poder.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10’a 10’a 10b 10b (= RM 16:12)

Notas


Texto
  • 3

    Neste verso, os editores precedentes (Nunes, Indini, Littera) realizaron unha discutíbel intervención textual a partir da lección valeredes dos dous apógrafos italianos: por conservaren esta errada forma (moderna) de futuro de valer, víronse obrigados a realizar a expunción do elemento de da locución preposicional de contra, que se rexistra tamén en 328.23 e 1509.7).
    O futuro e mais o pospretérito de valer é sempre irregular no corpus (valra, valrria), de modo que algunhas leccións aparentemente analóxicas sempre se revelan como un erro de copia nos cancioneiros italianos (véxase Glosario, s.v.). Cfr. nota a 26.15.

  • 7

    A liña discursiva da cantiga e o sentido da pasaxe revela o erro de copia da conxunción se, convertida en <sen> nos dous códices, por atracción de ben. Neste sentido, é errada a edición de Littera pola interdita crase da conxunción condicional se (Ferreiro 2013b) con én.

  • 13

    Certamente, é posíbel considerar o elemento <mays> de BV como conxunción adversativa; porén, semella máis acaído para o desenvolvemento conceptual da cantiga a súa lectura como adverbio de cantidade.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado