1067 [= RM 22,17]
Senhor fremosa, pois assi Deus quer

Senhor fremosa, pois assi Deus quer
que ja eu sempre no meu coraçon
deseje de vós ben e d’alhur non,
rogar-vos-ei, por Deus, se vos prouguer,
que vos non pes de vos eu muit’amar,
pois que vos non ouso por al rogar.
E ja que eu sempr’a desejar ei
o vosso ben e non cuid’a perder
coita senon per vós ou per morrer,
por Deus, oide-m’, e rogar-vos-ei
que vos non pes de vos eu muit’amar,
[pois que vos non ouso por al rogar].
E, pois m’assi ten en poder Amor
que me non quer leixar per nulha ren
partir de vos ja sempre querer ben,
rogar-vos quero, por Deus, mia senhor,
que vos non pes [de vos eu muit’amar,
pois que vos non ouso por al rogar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1065, V 656

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 421-422); Indini (1978: 109-110 [= LPGP 170-171]); Littera (2016: I, 151).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 232); Braga (1878: 125); Machado & Machado (1956: V, 80-81); Camargo et alii (1992: 27).

Variantes manuscritas


2 coraçon] coracon B : corazon V   3 alhur] alhar V   5 pes] pez B; eu]en B   9 morrer] moirer B   11 pes] pez B   15 vos] uos BV   17 pes] pez B

Variantes editoriais


5 pes] pêz Indini   10 oide-m’e rogar-vos-ei] oyde-me: rogar-vos-ey Indini   11 pes] pêz Indini   17 pes] pêz Indini

Paráfrase


(I) Señora fermosa, pois que así quere Deus que eu sempre no meu corazón desexe (recibir) ben de vós e non doutro lugar, rogareivos por Deus, se vos prouguer, que non vos pese que eu vos ame moito, pois non me atrevo a rogarvos outra cousa.
(II) E xa que eu sempre hei de desexar o voso ben e non penso verme libre de coita senón por vós ou por morrer, ouvídeme, por Deus, e rogareivos que non vos pese que eu vos ame moito, pois non me atrevo a rogarvos outra cousa.
(III) E xa que así me ten Amor no seu poder que non me quere permitir de forma ningunha deixar de vos amar por sempre, quérovos rogar, por Deus, miña señora, que non vos pese que eu vos ame moito, pois non me atrevo a rogarvos outra cousa.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:14)

Notas


Texto
  • 5

    Este primeiro verso do refrán coincide literalmente co derradeiro verso da estrofa I dunha cantiga de Vaasco Gil (260.6).

    Nótese, por outra banda, como a editora Indini mantivo a errada grafía <-z> de pes na súa edición crítica de Bernal de Bonaval.

  • 10

    Indini non segmenta a copulativa para ligar oir e rogar, mais é tamén unha opción editorial válida (por Deus, oyde-me, rogar-vos-ey / que...).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado