I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 448-449 [= LPGP 795]); Reali (1964: 75); Fernández Campo (2012: 83); Littera (2016: II, 319-320).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 238); Braga (1878: 129); Machado & Machado (1956: V, 110).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 92-93).
8 muit’afan] muy raffam V 16 faço] faco B
3-4 e das coitas do mund’é a maior: / sofro de pran e non posso guarir] e das coytas do mund’e a mayor / sofro de pram e nom posso guarir Nunes : e das coitas do mund’e a maior / sofro de pram e nom posso guarir Littera 8 afan] afã Littera 16 moiro e] moyr(o) e Nunes : moir’e Littera
(I) Con gran coita nin sequera podo durmir nin vexo nada que me agrade, e das coitas do mundo é a maior: sufro certamente e non podo vivir, vede por que: porque non vexo aquí a miña señora, que eu vin para o meu mal.
(II) Amándoa, sufrín moito mal e moito afán desde que foi a miña señora, e moitas coitas polo seu amor, e agora vivo en coita mortal, vede por que: porque non vexo aquí a miña señora, que eu vin para o meu mal.
(III) Cando eu me afastei dela, logo alí tiven tal angustia que perdín o sentido por tres días, en que non fun consciente de nada, e agora morro e fágoo con razón, vede por que: porque non vexo aquí a miña señora, que eu vin para o meu mal.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:201)
Encontros vocálicos: 16 moiro‿e
A articulación textual (e a interpretación, por tanto) deste período é diferente en Littera a partir da conxunción copulativa e (vs. é), que condiciona a puntuación e afecta levemente ao sentido:
e das coitas do mund’e a maior
sofro de pram e nom posso guarir.
Nótese a semellanza destes versos do refrán con un refrán de Joan Garcia de Guilhade:
moir’eu porque non vej’aqui
a dona que non vej’aqui (393.5-6).
Outrosí, tamén se poden relacionar con outros dous versos de Afonso X que os aproveita como citación final da estrofa III, tal como fai con versos de Joan Soarez Coelho para as estrofas I e II:
«Moir’eu porque non vej’aqui
a dona que por meu mal [vi]» (465.2o-21).