1085 [= RM 121,5]
Con gran coita sol non posso dormir

Con gran coita sol non posso dormir
nen vejo ren de que aja sabor,
e das coitas do mund’é a maior:
sofro de pran e non posso guarir,
vedes por que: porque non vej’aqui
a mia senhor, que eu por meu mal vi.
Querendo-lhi ben, sofri muito mal
e muit’afan des que foi mia senhor,
e muitas coitas polo seu amor,
e ora viv’en gran coita mortal,
vedes por que: porque non vej’aqui
[a mia senhor, que eu por meu mal vi].
Quando m’eu dela parti, log’enton
ouvi tal coita que perdi meu sén,
ben tres dias que non conhoci ren,
e ora moiro e faço gran razon,
vedes por que: porque non vej’aqui
[a mia senhor, que eu por meu mal vi].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1082, V 674

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 448-449 [= LPGP 795]); Reali (1964: 75); Fernández Campo (2012: 83); Littera (2016: II, 319-320).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 238); Braga (1878: 129); Machado & Machado (1956: V, 110).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 92-93).

Variantes manuscritas


8 muit’afan] muy raffam V   16 faço] faco B

Variantes editoriais


3-4 e das coitas do mund’é a maior: / sofro de pran e non posso guarir] e das coytas do mund’e a mayor / sofro de pram e nom posso guarir Nunes : e das coitas do mund’e a maior / sofro de pram e nom posso guarir Littera   8 afan] afã Littera   16 moiro e] moyr(o) e Nunes : moir’e Littera

Paráfrase


(I) Con gran coita nin sequera podo durmir nin vexo nada que me agrade, e das coitas do mundo é a maior: sufro certamente e non podo vivir, vede por que: porque non vexo aquí a miña señora, que eu vin para o meu mal.
(II) Amándoa, sufrín moito mal e moito afán desde que foi a miña señora, e moitas coitas polo seu amor, e agora vivo en coita mortal, vede por que: porque non vexo aquí a miña señora, que eu vin para o meu mal.
(III) Cando eu me afastei dela, logo alí tiven tal angustia que perdín o sentido por tres días, en que non fun consciente de nada, e agora morro e fágoo con razón, vede por que: porque non vexo aquí a miña señora, que eu vin para o meu mal.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:201)

Encontros vocálicos: 16 moiro‿e

Notas


Texto
  • 3-4

    A articulación textual (e a interpretación, por tanto) deste período é diferente en Littera a partir da conxunción copulativa e (vs. é), que condiciona a puntuación e afecta levemente ao sentido:

    e das coitas do mund’e a maior
    sofro de pram e nom posso guarir.

  • 5-6

    Nótese a semellanza destes versos do refrán con un refrán de Joan Garcia de Guilhade:

    moir’eu porque non vej’aqui
    a dona que non vej’aqui (393.5-6).

    Outrosí, tamén se poden relacionar con outros dous versos de Afonso X que os aproveita como citación final da estrofa III, tal como fai con versos de Joan Soarez Coelho para as estrofas I e II:

    «Moir’eu porque non vej’aqui
    a dona que por meu mal [vi]» (465.2o-21).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado