I. Lapa (1970 [1965]: 457); Marroni (1968: 254-255 [= LPGP 737]); Lopes (2002: 335); Littera (2016: II, 245).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 244); Braga (1878: 132); Machado & Machado (1956: V, 143).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 360-361).
1 Foão] foao BV; en] eu V; gran] grã B 3 en] eu V 3 partiçon] par ticom B 14 bastoados] bas tºades B : bas tºa des V 15 mandados] mandades B 16 apreso] a pºso B
1 curdura] cordura Lapa, Lopes, Littera 4 mais] mas Lopes 5 el] ele Lopes 8 ũu] un Lapa : huun Marroni : um Lopes 11 el] ele Lopes 17 el] ele Lopes
(I) Don Fulano, con moita sensatez, propúxome o outro día facer unha repartición, mais fun desafortunado porque con el non repartín, pois perdín uns mantos forrados de pel.
(II) Podería ser compensado economicamente por moito tempo se dixese: «Repartir quero». Mais enganoume o diaño porque con el non repartín, pois perdín uns mantos forrados de pel.
(III) Que panos de valor perdín, e outros ben listados, que xa me mandaran! Mais fun home ignorante porque con el non repartín, pois perdín uns mantos forrados de pel.
Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7C 7C (= RM 160:442)
Encontros vocálicos: 1 Fo·ã·o,‿en; 8 ũ͜u
Lapa (seguido por Lopes e Littera), contra o testemuño claro de B e sen considerar a vacilación do copista do Cancioneiro da Vaticana, fixou a forma cordura, anulando a harmonización vocálica que se produciu nesta voz (como noutras; cfr. por exemplo, custume). Tal evolución fonética é rexistrada en máis obras, tales como na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España:
Este alcayde Nuno Rasoyra foy omẽ que soube trager en seus juyz[o]s et ẽnas outras cousas que auja de fazer siso et curdura, et fazia todauja muy ben sua fazenda. Ou, tamén, na tradución da Primeira Partida: P(er)o o castigo desto ha mest(er) q(ue) sse ffaça manssam(ẽ)t(e) e cõ grã curdura e cõ grande amor (cfr. CGPA, s.v. curdura).
Con Marroni, de acordo co ton irónico da cantiga, articulamos o segundo verso do refrán considerando o que inicial como conxunción causal (ou consecutiva). Porén, Lapa (e Lopes e mais Littera) atribúen carácter exclamativo a este verso, opción tamén aceptábel:
mais fui de malaventura
porque con el non parti:
que penas veiras perdi!
As penas veiras aluden a unhas peles de cores variadas (cfr. lat. pennam uariam > pena veira), en xeral valiosas, que eran fundamentalmente empregadas nos forros dos mantos (véxase Vallín 2019: 657-661).
O indefinido ũu (e tamén algũu e neũu) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.
Os panos bastoados son panos listados, con faixas.
Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).
Canto a apreso, é participio irregular de aprender, derivado directamente do lat. apprehensum, como moitos outros participios, algúns deles presentes no corpus das cantigas (tal como preso, entre outros). Neste sentido, é significativo que aprendudo/a só conte con tres ocorrencias no Corpus do Galego-Portugués Antigo, mentres que aprendido/a tamén dispón de só vinte ocorrencias, en calquera caso moitas menos do que o participio irregular apreso (cfr. CGPA, s.v.).