1114 [= RM 86,5]
Eu, mui coitado, non acho razon

Eu, mui coitado, non acho razon
per que possa ir u é mia senhor,
e, pero que m’ei d’ir i gran sabor,
sol non vou i e á mui gran sazon
que non fui i e por esto mi aven:
por non saberen a quen quero ben.
E non ach’eu razon e por est’é:
porque m’ei de guardar e de temer
de mi-o saberen; mais po-la veer
moir’, e gran temp’á ja, per bõa fe,
que non foi i e por esto [mi aven:
por non saberen a quen quero ben].
Por esto non poss’eu razon achar
como a veja nen sei que fazer,
e valer-m’-ia mui máis én morrer,
pois que tan muit’á ja, si Deus m’empar,
que non fui i [e por esto mi aven:
por non saberen a quen quero ben],
nen saberan, mentr’eu aqueste sén
ouver, que ei per min quen quero ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1112, V 703

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 495-496 [= LPGP 586]); Littera (2016: II, 43).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 248); Braga (1878: 134); Machado & Machado (1956: V, 163).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 34-35); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 126).

Variantes manuscritas


4 e á mui gran] ca mui grã B   10 gran] grã B; bõa] boa B   15 morrer] moirer B

Variantes editoriais


11 foi] fui Nunes, Littera   15 én] em Littera

Paráfrase


(I) Eu, (que estou) moi aflixido, non acho unha boa razón para poder ir a onde está a miña señora, e, aínda que teño un gran desexo de ir alí, non vou alí, e hai moito tempo que non fun alí e por isto me pasa tal: para que non saiban a quen amo.

(II) E eu non acho unha boa razón (para ir alí) e é por isto: porque teño que ser cauto e recear que mo saiban; mais morro por vela, e xa hai moito tempo, abofé, que non fun alí e por isto me pasa tal: para que non saiban a quen amo.

(III) Por isto eu non podo achar unha razón para a ver nin sei que facer, e sendo así máis me valería morrer, pois tanto tempo hai xa, así Deus me ampare, que non fun alí e por isto me pasa tal: para que non saiban a quen amo, (1) nin o saberán mentres eu tiver siso, pois gardo para min a quen amo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:160) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 5 mi‿aven; 9 mi͜-o; 11 mi‿aven; 17 mi‿aven

Notas


Texto
  • 4

    Nos apógrafos italianos é moi frecuente a confusión <c>/<e>; máis aínda, é recorrente a aparición de <ca> por e a, especialmente no inicio de verso. En calquera caso, eis algúns exemplos desta confusión: e a <ca> (494.32 e 35), e amigo <Camigo / Ca:- / Ca:- / Ca:-> B, <ca migo / ca / ca / ca> V (649.r1), E á <E a> B, <Ca> V (722.25), e a <Ca / Ca / Ca> B, <ca / ca / ca> V (767.r1), e a <Ca / Ca / Ca> B, <e a / e a / e a> V (792.r2), e amigas <Camigas> B, <E amiga> B’, <camigas> V, <e amiga> V’ (1048.9), e o <C o> B, <eo> V (1056.3), e assi <Cassy / Cassy> B, <cassy / cassy> V (1364.r3), e a <Ca> BV (1645.15) etc.

  • 11

    Obsérvese como o refrán da estrofa II introduce unha leve variación lingüística, coa variante foi para a P1 do pretérito de indicativo de ir.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado