1125 [= RM 133,2]
Par Deus, senhor, quero-m’eu ir

Par Deus, senhor, quero-m’eu ir
e venho-mi-vos espedir,
e, que aja que vos gracir,
creede-m’ora ũa ren:
ca me quero de vós partir,
mais non de vos querer gran ben.
Des aquel dia en que naci,
nunca tamanho pesar vi
com’ei de me partir d’aqui,
onde, [senhor], vos fui veer;
e parta-m’end’agora assi,
mais non de vos gran ben querer.
Agora ja me partirei
de vós, senhor, que sempr’amei,
e creede-mi o que vos direi:
que nunca vi maior pesar
de me partir, e partir-m’-ei
de vós, mais non de vos amar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1122, V 714

Esta cantiga inicia un novo folio en B, que copia como reclamo na marxe inferior do folio anterior o v. 1 da composición: Par ds̄ senhor q̄ro meu hir.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 503-504 [= LPGP 869]); Tato Fontaíña (2007: 21); Littera (2016: II, 407).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 251-252); Braga (1878: 136-137); Machado & Machado (1956: V, 184).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 203).

Variantes manuscritas


6 mais] hays V   11 parta-m’end’agora] parta mēgadora : eꝑ ta mēdagora V   12 gran] grã B

Variantes editoriais


7 dia] di(a) Nunes   10 onde, [senhor], vos fui veer] onde vos [sempre] fui veer Tato Fontaíña   11 parta] parto Nunes, Tato Fontaíña, Littera; agora assi] agor(a) assi Nunes : agor’assi Littera

Paráfrase


(I) Por Deus, señora, quérome eu ir e véñome despedir de vós, e, para que teña algo que vos agradecer, crédeme agora unha cousa: que me quero afastar de vós mais non quero (deixar) de vos moito amar.

(II) Desde o día en que nacín, nunca un pesar tan grande vin como o que sinto ao partir de aquí, onde, señora, vos fun ver; e parta eu agora así, mais non (deixarei) de vos amar.

(III) Agora xa me afastarei de vós, señora, que sempre amei, e crédeme o que vos direi: que nunca vin un pesar maior que o de partir, e afastareime de vós, mais non de vos amar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8b 8a 8b (= RM 13:54)

Encontros vocálicos: 7 di·a‿en; 11 agora‿assi; 15 *cre͜e·de-mi‿o

Notas


Texto
  • *

    A semellanza e o paralelismo entre os sextos versos de cada estrofa levou Colocci a marcar ese derradeiro verso como refrán.

  • 10

    A reintegración de senhor neste hipométrico verso por omisión no proceso de copia xa foi proposta por Nunes, talvez pola presenza na estrofa I (v. 1) e III (v. 14). Outrosí, mantén o acento á 4ª sílaba no verso.

  • 15

    En face da inusual contaxe bisilábica de creede, podería pensarse na expunción da conxunción copulativa inicial, tal como acontece noutras pasaxes trobadorescas.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado