I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 509-510 [= LPGP 869-870]); Tato Fontaíña (2007: 37); Littera (2016: II, 408-409).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 252-253); Braga (1878: 137); Machado & Machado (1956: V, 187-188).
3 temia] teui la V 9 quant’ora] quanto ui V 11 des oimais] desoy ma\y/s V 14 coraçon] corazon V 19 enquant’eu] enq̄nteu BV 20 gran] g̃ra B 28 quanto] ꝙ̄to V
8 per bõa fe, [e] naquela sazon] Per bõa fé, [eu] naquela sazon Nunes, Tato Fontaíña 13 afan] afã Littera
(I) Lembro eu un tempo en que non me atrevín a dicirlle á miña señora o moito que a amo, porque temía o seu desamor; e agora xa non teño nada que temer, porque ela xa non me fará un mal maior do que me fixo con canto poder ten, pois niso empregou todo o seu poder, (II) con certeza, e naquel tempo dificilmente diría canto agora vou dicir, porque non me atrevía, mais xa me atreverei; e de hoxe en diante, quer se queixe, quer non, aínda que se queixe non me pode causar un afán maior nin un maior pesar nin unha maior coita no meu corazón (III) do que xa me deu, polo que perdín a razón e os meus ollos (perderon) o gozo e o sono; pero eu sempre fixen canto puiden por servila, como se todo este mal fose ben, e servireina en canto eu estiver vivo, pois non teño un desexo tan grande por outra cousa, aínda que lle agrada canto mal me vén.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:91)
A partir da continuidade sintáctico-conceptual das tres estrofas (ligazón estabelecida en Littera), esta composición é unha verdadeira cantiga ateúda atá fiinda, non incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270). Cfr. nota á cantiga 15.
É relativamente frecuente a omisión da copulativa no texto trobadoresco polo seu escaso corpo gráfico-fónico; aínda que, en xeral, a súa ausencia en posición inicial é a máis frecuente, na pasaxe resulta máis condicente co sentido da cantiga recuperar a copulativa de modo que per bõa fe fica ligado a fezo todo seu poder, a confirmar o carácter de ateúda desta composición.
A locución adverbial de dur é variante formal da locución adverbial a dur, de orixe provenzal. Véxase nota a 47.15.
Ao longo do corpus das cantigas profanas detéctase a aparición dunha locución e que de carácter concesivo (‘aínda que’), en xeral emendada polos editores para en que, tal como acontece neste caso (ou segmentada por medio da puntuación), por ser infrecuente no período medieval:
se poderia de vós aver ben,
e que fezes[s]’eu i pesar a quen
vós sabedes no vosso coraçon
que vos fez el muitas vezes pesar (402.6);quand’aqui chegar,
e que lh’eu falar non quiser,
muito terrá que baratou
mal porque tan muito tardou (729.4);pois m’el ben quer, e que lh’eu faça mal,
que faria se lh’eu fezesse ben? (743.5);E que me non pesass’a mí por al,
pesar-mi-á [én] muito por ũa ren: / ... (818.7);E que mi queirades valer,
ai coita do meu coraçon,
ben sei eu, se Deus mi perdon: / ... (885.6).
De todos os xeitos, a existencia desa locución é confirmada polo seu uso noutras obras fóra do ámbito das cantigas:
E que [ed.: E, que] vos eu quisesse contar como el rei dom Rodrigo era vestido e da sua nobreza, certo eu nõ saberia dizer cõ verdade (Crónica Geral d’Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: 330);
e que o fosse, foy-o de hũu mui nobre rrei (Fernão Lopes, Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 255).