1129 [= RM 133,4]
Senhor de mí e destes olhos meus

Senhor de mí e destes olhos meus,
gran coita sofro por vós, e sofri,
e per Amor, que ajuda muit’i,
e non mi val el i nen vós; mais Deus,
se mi der mort’, ei que lhi gradecer,
ca viv’en coita, pois ei a morrer.
Per esta coita perdi ja o sén
e vós mesura contra mí, e sei
que per Amor é quanto mal eu ei
por vós, senhor; mais Deus ora por én,
se mi der mort’, ei que lhi gradecer,
[ca viv’en coita, pois ei a morrer].
Ca eu ben vejo de vós e d’Amor
qual máis poder que máis mal mi fara,
e ben entendo mia fazenda ja
como mi vai, por én Nostro Senhor,
se mi der mort’, e[i que lhi gradecer,
ca viv’en coita, pois ei a morrer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1126, V 718

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 511-512 [= LPGP 870]); Tato Fontaíña (2007: 41); Littera (2016: II, 409).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 253); Braga (1878: 137); Machado & Machado (1956: V, 190).

Variantes manuscritas


1 destes] desses V   3 ajuda] auida BV   6 en] eu B; morrer] moirer B   14 qual] q̄l V   15 mia] mh̄a BV   16 Senhor] sēnor V

Variantes editoriais


6 en] eu Nunes   7 Per] Por Nunes, Littera   14 poder] puder Littera

Paráfrase


(I) Señora de min e destes ollos meus, gran coita sufro e sufrín por vós, e por Amor, que axuda moito niso, e non me socorre el nin vós nese transo; mais a Deus, se me der morte, terei que llo agradecer, porque vivo en coita pola morte que me vai vir.

(II) Por esta coita xa perdín a o siso e vós (perdestes) a mesura con respecto a min, e sei que por causa de Amor é todo canto mal eu sufro por vós, señora; mais a Deus agora por iso, se me der morte, terei que lle agradecer, porque vivo en coita pola morte que me se me der morte, terei que llo agradecer, porque vivo en coita pola morte que me vai vir.

(III) Porque eu ben vexo de vós e de Amor que quen máis puider máis mal me fará, e ben entendo xa como é a miña situación, por iso a Noso Señor, se me der morte, terei que llo agradecer, porque vivo en coita pola morte que me vai vir.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:215)

Notas


Texto
  • 4

    No verso anterior ao refrán, en todas as estrofas (vv. 4, 10, 16) existe unha concordancia ad sensum entre Deus (vv. 4, 10) e Nostro Senhor (v. 16) e o verbo correspondente (Deus / Nostro Senhor ... ei que lhi gradecer), pola ausencia da preposición introdutoria do CI, construción frecuente nas cantigas, e nomeadamente nos íncipits.

  • 5

    O primeiro verso do refrán aparece literalmente nunha cantiga de Fernan Velho (424.19).

  • 13-16

    A fórmula por én do v. 16 recolle o período introducido pola conxunción causal ca (v. 13): ‘Porque eu ben vexo ... / ... / como me vai, por iso ...’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado