1136 [= RM 123,8]
Vejo-vos, filha, tan de coraçon

– Vejo-vos, filha, tan de coraçon
chorar tan muito que ei én pesar,
e venho-vos por esto preguntar
que me digades, se Deus vos perdon,
por que mi andades tan triste chorando.
– Non poss’eu, madre, sempre andar cantando.
– Non vos vej’eu, filha, sempre cantar,
mais chorar muit’, e creo que por én
algũu amigo queredes gran ben;
e dized’ora, se Deus [vos] ampar,
por que mi an[dades tan triste chorando.
– Non poss’eu, madre, sempre andar cantando].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1134, V 725

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 325 [= LPGP 808]); Cohen (2003: 360); Littera (2016: II, 337-338).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 254); Braga (1878: 138); Machado & Machado (1956: V, 198).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 137-138); Nemésio (1961 [1949]: 185); Bernárdez (1952: 94); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 53); Álvarez Blázquez (1975: 53-54); Jensen (1992: 306); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 205).

Variantes manuscritas


1 Vejo-vos] Veiouo B : Veio uos V; coraçon] corazō V   2 chorar] Charar B : charar V   3 e venho-vos] Queo uos B : euē\h/ouos V   4 me] mi V; vos] uos V   7 vos] uos BV; eu] ou V   8 creo] cō BV   9 gran] g̃ra B

Variantes editoriais


4 me] mi Cohen, Littera   5 triste chorando] trist’e chorando Nunes, Cohen, Littera   6 sempre] sempr’ Nunes, Cohen   8 creo] tenho Nunes   9 algũu] algun Nunes, Cohen : algum Littera   11 triste chorando] trist’e chorando Nunes, Cohen, Littera   12 sempre] sempr’ Nunes, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) –Véxovos, filla, de corazón chorar tanto que teño pesar por iso, e por isto vos veño preguntar para que me digades, así Deus vos perdoe, por que me andades tan triste chorando. 
Non podo eu, madre, andar sempre cantando.

(II) –Non vos vexo eu, filla, cantar sempre, senón chorar moito, e por iso creo que amades algún amigo; e dicídeme agora, así Deus vos ampare, por que me andades tan triste chorando. 
Non podo eu, madre, andar sempre cantando.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10’C 10’C (= RM 160:251)

Encontros vocálicos: 5 mi‿andades; 6 sempre‿andar; 9 al·gũ͜u; 11 mi‿andades; 12 sempre‿andar

Notas


Texto
  • 5

    É frecuente encontrar no corpus o adxectivo triste, aplicado ao amigo (ou ao trobador), seguido dun xerundio de chorar ou de coidar/cuidar; é por isto que é posíbel unha dupla solución: trist’e chorando vs. triste chorando. Nestes contextos a non segmentación achega maior ambigüidade expresiva e, por tanto, máis posibilidades interpretativas.

  • 9

    O indefinido algũu (e neũu) debería, aparentemente, computar como trisilábico; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma bisilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. O mesmo acontece, coa diferenza silábica cuantitativa, con ũu, e algo similar con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, con sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 10

    A integración do pronome vos en se Deus vos ampar carece de dificultade, dado que se debe completar a fórmula simétrica a se Deus vos perdon (v. 4).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado