1141 [= RM 22,19]
Se veess’o meu amigo a Bonaval e me visse

Se veess’o meu amigo a Bonaval e me visse,
vedes como lh’eu diria ante que m’eu del partisse:
«Se vos fordes, non tardedes
tan muito como soedes.
Diria-lh’eu: «Non tardedes,
amigo, como soedes».
Diria-lh’eu: «Meu amigo, se vós a min muit’amades,
fazede por mí atanto, que bõa ventura ajades.
Se vos fordes, non tardedes
tan muito como soedes».
Diria-lh’eu: «Non tardedes,
[amigo, como soedes]».
Que leda que eu seria se veess’el falar migo,
e, ao partir da fala, diria-lh’eu: «Meu amigo,
se vos fordes, non tardedes
tan muito como soedes».
Diria-lh’eu: «Non tardedes,
[amigo, como soedes]».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1139, V 730

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 329-330); Indini (1978: 163-164 [= LPGP 171-172]); Cohena (2003: 365); Littera (2016: I, 157-158); Cohenb (2016b: 14).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 256); Braga (1878: 139); Machado & Machado (1956: V, 206); Berardinelli (1985: 19); Camargo et alii (1992: 48).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 14-15); Pellegrini (1928: 32-33); Bernárdez (1952: 98); Álvarez Blázquez (1975: 19); Alvar & Beltrán (1989: 153-154); Pena (1990: 131-132); Sansone (1990: 80); Alonso Girgado (1992: 28); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 26); Alvar & Talens (2009: 398).

Variantes manuscritas


8 ventura] uētᵉa BV   13 que eu] nō eu B

Variantes editoriais


En Nunes e en Indini os dous versos do corpo da estrofa son presentados como catro versos heptasilábicos graves. En Cohen, os catro versos do refrán forman dous versos da mesma medida (15 sílabas) que os da estrofa. 

3 vos] vós Indini   8 bõa] bona Indini; ventura ajades] ventur’ajades Nunes   9 vos] vós Indini   14 partir] partir-[se] Littera   15 vos] vós Indini

Paráfrase


(I) Se viñese o meu amigo a Bonaval e me vise, vede o que lle diría antes de me eu separar del: «Se vos ides, non tardedes tanto como adoitades. Diríalle eu: «Non tardedes, amigo, como soedes».

(II) Diríalle eu: «Meu amigo, se vós me amades de verdade, facede isto por min, así teñades boa ventura. «Se vos ides, non tardedes tanto como adoitades. Diríalle eu: «Non tardedes, amigo, como soedes».

(III) Que leda estaría eu se el viñese falar comigo, e, ao acabar a conversa, diríalle eu: «Meu amigo, se vos ides, non tardedes tanto como adoitades. Diríalle eu: «Non tardedes, amigo, como soedes».

Métrica


Esquema métrico: 3 x 15’a 15’a 7’B 7’C 7’B 7’C (= RM 43:1)

Encontros vocálicos: 8 ventura‿ajades

Notas


Texto
  • 1

    Bonaval refírese a San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

  • 8

    Nótese a edición de bõa como bona en Indini. A estudosa, como acontece con algúns editores italianos, desenvolve erradamente a nasalidade vocálica para unha consoante nasal explosiva que falsea a realidade fonolóxica.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado