1147 [= Tav 77,2]
A San Servand’en oraçon

A San Servand’en oraçon
foi meu amig’, e porque non
foi e[u] choraron des enton
estes meus olhos con pesar,
e non os poss’end’eu quitar
estes meus olhos de chorar.
Pois que s’agora foi d’aqui
o meu amig’e o non vi,
filharon-s’a chorar des i
estes olhos meus con pesar,
e non os poss’end’eu quitar
[estes meus olhos de chorar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1144, V 736

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 335 [= LPGP 499]); Cohen (2003: 371); Littera (2016: I, 583-584).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 257); Braga (1878: 140); Machado & Machado (1956: V, 216); Camargo et alii (1990: 30); Burgazzi (2015: 32-33).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 95).

Variantes manuscritas


1 en oraçon] eu orazon V   2-3 non / foi] nō (foy) / Foy B   5 non os] nouꝯ B; end’eu] andeu B   11 non os] nouꝯ B; end’eu] andeu B

Variantes editoriais


En Littera o refrán está constituído unicamente polos vv. 2-3, sen incluír o primeiro verso.

10 olhos meus] meus olhos Nunes, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) O meu amigo foi rezar a San Servando, e, xa que eu non fun, desde entón choraron estes meus ollos con pena, e non os podo tirar, estes meus ollos, de chorar.
(II) Porque agora se foi de aquí o meu amigo e non o vin, puxéronse a chorar desde ese momento estes ollos meus con pena, e non os podo tirar, estes meus ollos, de chorar.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 8a 8a 8a 8B 8B 8B (= Tav 19:29)

Notas


Texto
  • 1

    Talvez San Servando se refira á ermida de San Servando, no lugar de Pazos da parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.

  • 3

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), debido á acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 9

    A perífrase filhar-se + a + infinitivo é unha perífrase modal incoativa, de inicio de acción; presenta diversas ocorrencias na lingua dos trobadores, en xeral co verbo chorar nas cantigas dos xéneros amorosos. Cfr., por exemplo, viu-me chorar e filhou-s’a chorar (1222.6).

  • 10

    Máis unha vez aparece unha variación sintáctica, sen consecuencias significativas, no refrán dunha cantiga; neste caso prodúcese unha mudanza posicional de elementos (estes meus olhos > estes olhos meus), que nas anteriores edicións (Nunes, Cohen, Littera) foi apagada coa extensión do refrán da estrofa I para a estrofa II. No caso da edición de Littera resulta sorprendente que este verso do refrán, embora nivelado co v. 4, non sexa considerado como tal.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado