1153 [= RM 77,22]
Trist’and’eu, velida, e ben vo-lo digo

Trist’and’eu, velida, e ben vo-lo digo,
porque mi non leixan veer meu amigo:
poden-m’agora guardar,
mais non me partirán de o amar.
Pero me feriron por el noutro dia,
fui a San Servando se o ve[e]ria:
poden-m’agora [guardar,
mais non me partirán de o amar].
E pero m’aguardan que o [eu] non veja,
esto non pode seer per ren que seja:
poden-m’agora [guardar,
mais non me partirán de o amar].
Muito me poden guardar,
e non me partirán d[e] o amar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


B 1149bis, V 742

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 339 [= LPGP 508]); Cohena (2003: 377); Littera (2016: I, 586); Cohenb (2016b: 15).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 259); Braga (1878: 141); Machado & Machado (1956: V, 223-224); Camargo et alii (1990: 37); Burgazzi (2015: 35).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 305); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 107); Álvarez Blázquez (1975: 95); Landeira Yrago (1975: 229); Arias Freixedo (2003: 522-523).

Variantes manuscritas


13 Muito me] E iuuy tome B : E muytome V

Variantes editoriais


6 ve[e]ria] veria Nunes   9 E pero] E, pero Littera; m’aguardan que o [eu] non] m’aguardan que o non Nunes : me guardan que o [eu] non Cohena, Cohenb   13 Muito] E muito Nunes, Cohena, Cohenb   14 d[e] o] d’o Nunes

Paráfrase


(I) Triste ando eu, belida, ben volo digo, porque non me deixan ver o meu amigo: pódenme agora encerrar, mais non me apartarán de o amar.

(II) Aínda que me maltrataron por el o outro día, fun a San Servando por ver se o vía: pódenme agora encerrar, mais non me apartarán de o amar. 

(III) Aínda que me vixían para que eu non o vexa, isto non pode ser de ningunha maneira: pódenme agora encerrar, mais non me apartarán de o amar.

(1) Pódenme moito gardar, mais non me apartarán de o amar. 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 11’a 11’a 7B 10B (= RM 37:34) + 7b 10b

Notas


Texto
  • 2

    Talvez San Servando se refira á ermida de San Servando, sita no lugar de Pazos, parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.

  • 9

    Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocorrencias é posíbel optar por unha ou outra lectura.

    Por outra parte, a emenda de Cohen non é admisíbel (m'aguardan > me guardan), xa que aguardar é variante e sinónimo de guardar (véxase Glosario, s.v. aguardar).

  • 10

    A unidade fraseolóxica per ren que seja ‘de ningunha maneira’ só aparece en Pero de Veer (1134.5), Joan Servando e Joan de Requeixo (1307.r1, 1308.16). Fóra da lírica profana non conseguimos localizar tal expresión.

  • 13-14

    Repárese na fiinda, un versión levemente modificada do refrán cunha ampla coincidencia formal e total identidade semántica.

    No v. 13 é necesario omitir a copulativa e, que convertería en hipermétrico un verso que debe, necesariamente, ter a mesma medida que o primeiro verso do refrán. Neste sentido, a aparición adventicia da conxunción (e tamén a súa ausencia) no inicio de estrofa ou de fiinda é relativamente frecuente no corpus, onde existen diversas pasaxes en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). Noutros casos, a pesar da coincidencia na lección dos códices, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.

    Pola súa parte, no v. 14 debe restaurarse a vogal da preposición de, en coherencia co correspondente verso do refrán e, asemade, para obter a medida hendecasilábica do segmento en causa.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado