1154 [= RM 77,14]
Foi-s’agora meu amig’e por én

Foi-s’agora meu amig’e por én
á-mi jurado que polo meu ben
me quis e quer mui melhor d’outra ren;
mais eu ben creo que non ést’assi,
ante cuid’eu que moira el por mí
e eu por el, en tal ora o vi.
Quando se foi, viu-me triste cuidar,
e logo disse, por me non pesar,
que por meu ben me soube tant’amar;
mais eu ben [creo que non ést’assi,
ante cuid’eu que moira el por mí
e eu por el, en tal ora o vi].
Aquel dia que se foi mi jurou
que por meu ben me sempre tant’amou
e amará, pois migo começou;
mais eu ben creo que non ést’assi,
[ante cuid’eu que moira el por mí
e eu por el, en tal ora o vi].
Par San Servando, sei que sera assi:
de morrer eu por el, e el por min.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1150, V 743

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 340 [= LPGP 504-505]); Cohen (2003: 378); Littera (2016: I, 587).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 259); Braga (1878: 141); Machado & Machado (1956: V, 224-225); Camargo et alii (1990: 38-39); Burgazzi (2015: 35-36).

Variantes manuscritas


5 moira] moyta BV   9 soube tant’amar] semp̃ tantamã(**) / (eamara poys migo começou) V   10 mais eu ben] mays eu ben (cr) V   13 jurou] uirou V   14 me] om. B   20 morrer] moirer B

Variantes editoriais


En Littera o refrán está constituído unicamente polos vv. 5-6 de cada estrofa.

7 triste cuidar] trist’e cuidar Nunes   20 min] mi Nunes

Paráfrase


(I) Foise agora o meu amigo e por iso me xurou que polo meu ben me quixo e quere moito máis que a ningunha outra cousa; mais eu creo ben que non é así, antes penso que morrerá el por min e eu por el, conforme o vin.

(II) Cando se foi, viume triste pensar, e daquela dixo, por non me causar pesar, que polo meu ben me soubo amar tanto; mais eu creo ben que non é así, antes penso que morrerá el por min e eu por el, conforme o vin.

(III) O día que se foi xuroume que polo meu ben me amou sempre tanto e me amará, pois comigo comezou (a relación amorosa); mais eu creo ben que non é así, antes penso que morrerá el por min e eu por el, conforme o vin.

(1) Por San Servando, sei que así ha ser: morrer eu por el e el por min.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10B 10B 10B (= RM 19:19) + 10b 10b

Encontros vocálicos: 19 sera‿assi

Notas


Texto
  • 7

    Nótese a diferente actuación editorial a respecto da segmentación (Nunes) ou non segmentación (Cohen, Littera) de triste nas secuencias triste + cuidar. Véxase nota a 809.12.

  • 19

    Neste caso San Servando refírese directamente ao santo venerado na súa ermida, talvez no lugar de Pazos da parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado