I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 344-345 [= LPGP 506-507]); Cohen (2003: 383); Littera (2016: I, 589-590).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 260-261); Braga (1878: 142); Machado & Machado (1956: V, 232); Camargo et alii (1990: 45-46); Burgazzi (2015: 38).
3 morrerá] moirera B 4 ar morrer] al moirer B 6 morrer] moirer B; e el por min] e \el/ por mī B 7 Vivo] Vmo B 9 morrerá] moirera B 15 morrerá] moirera B; meto en] meto eu ē B : meto eu en V 16 morrer] moirer B 17 maravilhar-s’-an] Marauilha\r/ssam B; fin] fuj V 20 morrerá] moirera B
1 O] [D]o Littera 9 sei que por mí] sei [mui ben] que Nunes 15 meto en] met’en Nunes
(I) Do meu amigo, que me fai vivir triste e penada desde que o vin, isto sei ben: que morrerá por min; e despois de eu morrer tamén logo por el, todos se han marabillar de tal final, cando eu morra por el e el por min.
(II) Por Noso Señor, vivo coitada por meu amigo, que xa non me quere valer, e sei que morrerá por min; mais despois de que eu for morta logo por el, todos se han marabillar de tal final, cando eu morra por el e el por min.
(III) Sabe moi ben o meu amigo, que me causa pesar, que non sobrevivirá; porque morrerá, non o poño en dúbida, por min, e cando eu despois me vexa morrer por el, todos se han marabillar de tal final, cando eu morra por el e el por min.
(1) Por San Servando, a quen eu vin rogar, non morrerá o meu amigo por min!
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:136) + 10c 10c
Encontros vocálicos: 15 meto‿en
A presenza da frase formularia de tipo afirmativo esto sei ben interfire na sintaxe do período, dando lugar á aparente existencia de dous CD para sei, que funciona tamén como verbo elíptico de que depende que morrerá por mí; a esta anomalía aínda hai que acrecentar a frecuente omisión da preposición de no íncipit da composición, feito que xera unha concordancia ad sensum, habitual nos íncipits das cantigas mais emendada neste caso en Littera: «(D)o meu amigo, que me faz viver / trist’e coitada des que o eu vi, / esto sei ben, (sei) que morrerá por mí».
A integración de por mí neste verso, en que faltan dúas sílabas métricas, apóiase na presenza deste sintagma nos versos simétricos (ou case) das restantes estrofas e da fiinda:
esto sei ben, que morrerá por mí(v. 3)
valer, e sei que [por mí] morrerá (v. 9)
... non o meto en cuidar / por mí (vv. 16-17)
non morrerá meu amigo por min (v. 20).
Para a cabal comprensión destes versos (e da estrofa), semella necesario introducir unha pausa forte no final do v. 14, de modo que ca morrerá sexa unha cláusula causal dependente de non o meto en coidar por min. Nótese a laxa puntuación de Cohen, que dificulta a comprensión do período:
Sabe mui ben que non á de guarir
o meu amigo, que mi faz pesar,
ca morrerá, non o meto en cuidar
por mí, e, pois m’ eu por el morrer vi<r>,
maravilhar s’ án todos d’ atal fin
<quand’ eu morrer por el e el por min>
Para a correcta medida do verso é necesaria a expunción do pronome eu de modo que se poida realizar a sinalefa meto‿en. Esta forma pronominal aparece espuriamente introducida nos textos con certa frecuencia: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.
San Servando refírese ao santo venerado na súa ermida, sita talvez no lugar de Pazos, parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.