I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 347-348); Cunha (1999 [1949]: 251 [= LPGP 573]); Cohen (2003: 387); Littera (2016: II, 25).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 262); Braga (1878: 142-143); Bell (1920: 60); Machado & Machado (1956: V, 238-239); Alvar (1969: 86-87).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 111); Seoane (1941: 90); Gonçalves & Ramos (1983: 307); Alonso Girgado (1992: 52); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 131).
1 Os] O V; e] om. V; coraçon] corazō V 2 e] et V 3 vos] uos BV; perdon] pardon B 4 gracir-vo-lo-ei] gracir uol ey V 5 Direi] Virey B; e] et V; dis[s]er] dizer B : diser V 6 vos] uos BV 7 coit’ouv’ora] coita uora B : coytauuora V; me] mhe V 8 avia] ama B : aiua V 9 vos] uos BV 10 terrá] teira B 11 Direi] Virey B
7 coit’ouv’ora] coita á ora Nunes
(I) –Os meus ollos e o meu corazón e a miña luz foise co rei.
–Quen é, ai filla, así Deus vos perdoe? Agradecereivos que mo digades.
–Diréivolo eu, e, despois de o dicir, non vos pese, miña nai, cando (el) aquí viñer.
(II) –Que desexo tivo agora o rei de levarme canto ben tiña e terei!
–Non vos ten proveito, filla, ocultarmo, antes volo terá que mo digades.
–Diréivolo eu, e, despois de o dicir, non vos pese, miña nai, cando (el) aquí viñer.
Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:21)
Encontros vocálicos: 4 mi͜-o; 7 ora‿el-; 9 mi͜-o; 10 mi͜-o
En B aparece a lección <pardon>, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon. Sen dúbida, tal forma é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).