I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 514-515); Macchi (1966: 20 [= LPGP 905-906]); Littera (2016: II, 463).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 264); Braga (1878: 144); Machado & Machado (1956: V, 252-253).
1 fez] fiz V 2 gran] g̃ra B 4 o] a BV 5 se] si B; dela] della BV 8 a ela] e ala B : cala V; praz] peaz V 9 seu] om. B : ssey V 14 á] om. B 15 poi-lo coraçon] Poylo meu coraçō B : poylo meu corazom V; ten en] tẽra eu V 17 se eu dela esteves[s]’assi] ssay della estenessay V 19 prouguesse] prougouesse B 20 non me] nome V; des ali] dess aly B : dessally V
1 a mia senhor] à mha senhor Macchi 5 se] si Macchi; dela] d’ella Nunes 6 min] mi Nunes 8 lhi] lh(y) Nunes 12 min] mi Nunes 14 prazer á] prazerá Nunes, Macchi, Littera 15 poi-lo coraçon] poy’lo meu coraçon Nunes : poys meu coraçon Macchi : poilo meu coraçon Littera 16 no] o Littera 17 dela] d’ella Nunes 18 min] mi Nunes 19 prouguesse] prouguess(e) Nunes; as[s]i] asy Macchi 20 fezesse] fezess(e) Nunes
(I) Canto ben lle fixo Deus á miña señora se ela ten por ben que eu a ame, pois está xa tan favorecida polo meu amor que nunca máis o pode perder; mais, se eu dela estivese así (favorecido), moito maior ben me faría Deus a min.
(II) Moito ben lle fixo, seino eu, se a ela lle agrada que eu a ame, pois o meu corazón está no seu poder, de forma que nunca o pode perder por nada; mais, se eu dela estivese así (favorecido), moito maior ben me faría Deus a min.
(III) E moito ben lle debe Deus facer se co meu servizo lle prace, pois o corazón xa o ten no seu poder, de forma que nunca por nada o perderá; mais, se eu dela estivese así (favorecido), moito maior ben me faría Deus a min.
(1) E, se a Deus lle prouguese que así fose, non me faría outro ben despois diso.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:26) + 10c 10c
Encontros vocálicos: 8 lhi‿eu; 19 prouguesse‿a; 20 fezesse‿outro
O abrupto inicio da cantiga con que é frecuente no corpus trobadoresco, sempre seguido de muito ~ mui, que confire un carácter exclamativo (‘Canto...!’) ao inicio da composición (196.1, 199.1, 393.1, 407.1, 574.1, 624.1, 836.1, 866.1, 942.1, 1023.1, 1040.1, 1397.1), para alén de que se poida tamén considerar que a conxunción inicial introduce un período dependente dun verbo declarativo elíptico, que nalgún texto é claro (253.1, 432.1, 737.1).
Por outra banda, no Cancioneiro da Vaticana rexístrase a rara confusión fez / fiz que se produce no proceso de copia, como acontece, á inversa, en 726.7 (e probabelmente en 55.9), en que é necesaria a emenda editorial da lección manuscrita (fiz <fez> B).
O sentido aconsella emendar a lección manuscrita <a> para o masculino, pois o pronome refírese ao amor:
ca tan ben está ja do meu amor
que nunca ja máis o pode perder.
Nesta composición reitérase a grafía <ll> (<ella> BV, v. 5, e en V, v. 17; <ally> V, v. 20): esta grafía, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B), só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo -e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc. (con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).
A consecutio temporum leva a deglutinar prazer á na cláusula condicional (cfr. prazerá en Nunes, Macchi e Littera), de modo que fica máis natural a expresión: deve fazer ... se prazer á.
A métrica indica a presenza dun elemento excedente, que ben podería ser o posesivo meu, por máis que Nunes e Littera manteñan a lección dos manuscritos (poi-lo meu coraçon); por outra parte, coa omisión dese posesivo, o acento recae na quinta sílaba, como nos versos correspondentes das outras estrofas.
En calquera caso, o verso continúa a ser paralelo e simétrico co v. 9 na estrofa anterior, con mudanzas estilísticas na súa redacción: pois meu coraçon é en poder seu (v. 9) - poi-lo coraçon ten en seu poder (v. 15).
Non achamos no corpus trobadores profano máis casos en que o pronome o presente o alomorfo no após ren. Como é sabido, a antiga forma pronominal lo sofreu asimilación progresiva cando posposto a forma verbal acabada en nasal e mais após elementos como non, nen, quen, ben etc. O indefinido ren, tal como alguen ou ninguen pode provocar, pois, o aparecemento desta forma alomórfica: *rem illum > ren lo > ren no.