1189 [= Tav 85,6]
Buscastes-m’, ai amigo, muito mal

Buscastes-m’, ai amigo, muito mal
ali u vos enfengistes de mí,
e rog’a Deus que mi perçades i;
e dized’ora, falso, desleal:
se vos eu fiz no mund’algun prazer,
que coita ouvestes vós de o dizer?
E non vos presta, fals’, en mi-o negar,
nen mi-o neguedes, ca vos non ten prol,
nen juredes, ca sempr’o falso sol
jurar muit’, e dizede sen jurar:
se vos eu fiz no mund’algun [prazer,
que coita ouvestes vós de o dizer?]
O que dissestes, se vos eu ar vir
por mí coitado, como vos vi ja,
vedes, fals’, acoomiar-xi-vos-á;
mais dized’ora, sen todo mentir:
se vos eu fiz no mund’algun prazer,
[que coita ouvestes vós de o dizer?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1172, V 778

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 363-364 [= LPGP 578]); Reali (1964: 40-41); Cohen (2003: 407); Littera (2016: II, 37-38).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 268); Braga (1878: 146); Machado & Machado (1956: V, 269-270).

Variantes manuscritas


1 Buscastes] Buscades V   3 perçades] percades B : perzades V   4 dized’ora] dissedora B   9 juredes] uiredes V   11 no] nō B    13 dissestes] dizestes B   15 acoomiar] a coor̄ ar V

Variantes editoriais


2 vos] vus Reali   5 vos] vus Reali   7 vos] vus Reali   8 vos] vus Reali   11 vos] vus Reali   13 vos] vus Reali   14 vos] vus Reali   15 fals’, acoomiar-xi-vos-á] falsa coor ar xi vos á Nunes : falsa coor ar xi vus á Reali   17 vos] vus Reali

Paráfrase


(I) Buscástesme, ai amigo, moito mal alí cando vos gabastes de min, e rogo a Deus que vos esquezades de min; e dicídeme agora, falso, desleal: se vos eu fixen no mundo algún pracer, que coita tivestes para o dicir?

(II) E non vos presta, falso, negarmo, nin mo neguedes, que de nada vos vale, nin xuredes, pois sempre adoita o falso xurar moito, e dicídeme sen xurar: se vos eu fixen no mundo algún pracer, que coita tivestes para o dicir?

(III) O que dixestes, se vos eu vise coitado por min, como xa vos vin, vedes, falso, volverase contra vós; mais dicídeme agora, sen mentir en nada: se vos eu fixen no mundo algún pracer, que coita tivestes para o dicir?

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:156)

Encontros vocálicos: 6 coita‿ouvestes; 7 mi͜-o; 8 mi͜-o; 12 coita‿ouvestes; 15 a·co·o·mi͜ar; 18 coita‿ouvestes

Notas


Texto
  • 1

    A forma de pretérito enviada por B (buscastes) semella máis acaída que o presente de V (buscades).

  • 6

    Reali propón a inédita sinalefa deo (só en 232.16) en vez da de coytaouvestes, que permite, ademais, o acento na 4ª sílaba.

  • 15

    Neste verso aparece a única documentación que rexistramos nas cantigas para acoomiar ‘vingarse, castigar’, forma procedente do lat. ad-calumniāre. Con todo, esta variante (cfr. tamén acoomiadas en 148.8) é minoritaria verbo de coomiar na produción medieval (véxase CGPA, s.v.).

  • 16

    Probabelmente a frase sen todo mentir sexa unha expresión formularia reforzada de sen mentir, que ten decenas de rexistros nas Cantigas de Santa Maria. Cfr., de todos os modos, sen mentira en 149.3 e 917.9

Buscar
    Non se atopou ningún resultado