1194 [= Tav 85,2]
Ai meu amigo, avedes vós per mí

Ai meu amigo, avedes vós per mí
afan e coit’e desej’e non al,
e o meu ben é todo vosso mal;
mais, pois vos eu non posso valer i,
pesa-mi a mí porque paresco ben,
pois end’a vós, meu amigo, mal ven.
E sei, amigo, destes olhos meus,
e sei do meu fremoso parecer,
que vos faz[en] en gran coita viver;
mais, meu amigo, se mi valha Deus,
pesa-mi [a mí porque paresco ben,
pois end’a vós, meu amigo, mal ven].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1178, V 783

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 368 [= LPGP 576]); Reali (1964: 52); Cohen (2003: 412); Littera (2016: II, 40).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 269); Braga (1878: 147); Machado & Machado (1956: V, 274).

Variantes manuscritas


1 per] por V   9 gran] grã B

Variantes editoriais


1 per] por Nunes, Reali   2 afan] afã Littera   3 todo vosso mal] tod’o vosso mal Reali   4 vos] vus Reali   7 olhos] olhus Reali   9 vos faz[en]] vus faz Reali

Paráfrase


(I) Ai meu amigo, tendes por min afán e coita e desexo, e non outra cousa, e o meu ben é todo o voso mal; mais, xa que non vos podo axudar niso, pésame porque son fermosa, pois a vós, amigo, diso vos vén mal
(II) E sei ben, amigo, que estes ollos meus e mais o meu rostro fermoso vos fan vivir en gran pesar; mais, meu amigo, así me valla Deus, pésame porque son fermosa, pois a vós, amigo, diso vos vén mal.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:154)

Encontros vocálicos: 1 amigo,‿avedes; 5 -mi‿a; 11 -mi‿a

Notas


Texto
  • 9

    A hipótese máis económica para recuperar a isometría do verso consite en recuperar os grafemas <en>, que seguramente se omitiron por haplografía: editamos, así, faz[en], pertinente para a concordancia co suxeito olhos (v. 7) e parecer (v. 8), aínda que a sintaxe permitiría unha concordancia singular con parecer. De todos os modos, non se deben esquecer outras posibilidades integrativas: que vos faz en [mui / tan] gran coita viver.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado