I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 379-380); Méndez Ferrín (1966: 187 [= LPGP 872]); Azevedo Filho (1995 [1974]: 86); Cohena (2003: 425); Cohenb (2014 [2013]: 66); Littera (2016: II, 415).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 273-274); Braga (1878: 150); Bell (1922: 261-262); Machado & Machado (1956: V, 296-297); Montero Santalha (2004); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 156); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 88).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 114-115); Cidade (1941: 23); Seoane (1941: 48-49); Nemésio (1961 [1949]: 181); Fernández Pousa (1951: 97); Varela Jácome (1953: 26-27); Nunes (1959: 386-387); Oliveira & Machado (1959: 110-111); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 67-69); Álvarez Blázquez (1975: 211-212); Torres (1977: 364); Correia (1978: 158); Reckert & Macedo (1980: 111); Fiúza (1981: 39-40); Beltrán (1987: 82); Dobarro Paz et alii (1987: 16); Alvar & Beltrán (1989: 355); Tavani (1989: 2); Pena (1990: 100); Jensen (1992: 342); Pena (1993: 78); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 220); Vallín (1999: 109-110); Morán (1999: 67); [Morán] (2001: 81); Alvar & Talens (2009: 578); Fidalgo (2009: 116); Souto Cabo (2017: 230); Corral Díaz & Vieira (2023: 122-123); Gutiérrez (2023: 33, 207, 233).
1 velida] ne naa V 4 louçana] loucana B 8 a augua volv[i]an] a augua do mōte uoluā BV 14 rio] irio B
En Cohen, o refrán vai entre parénteses.
13 Mentir ... mentir] Mentís ... mentís Méndez Ferrín 14 volvesse o] volvess’o Nunes, Méndez Ferrín, Azevedo Filho 16 Mentir ... mentir] Mentís ... mentís Méndez Ferrín
(I) –Dicídeme, filla, miña filla bela: por que tardastes na fontela fría?
–Teño amores.
(II) –Dicídeme, filla, miña filla louzá: por que tardastes na fría fontela?
–Teño amores.
(III) Tardei, miña nai, na fontela fría, os cervos do monte a auga avolvían: teño amores.
(IV) Tardei, miña nai, na fría fontela, os cervos do monte avolvían a auga: teño amores.
(V) –Mentir, miña filla, mentir polo voso amigo! Nunca vin cervo que avolvese o río.
–Teño amores.
(VI) –Mentir, miña filla, mentir polo voso amado! Nunca vin cervo que avolvese o río (fondo).
–Teño amores.
Esquema métrico: 6 x 10’a 10’a 5B (= RM 26:86)
Encontros vocálicos: 14 volvesse‿o
Como noutras cantigas de Pero Meogo, tamén nesta encontramos elementos con valor simbólico erótico. A fonte onde xorde a auga é símbolo ancestral de fecundidade, de aí que sexa tamén o lugar propicio para os encontros amorosos. A imaxe dos cervos, símbolo da sexualidade masculina, a revolver a auga clara, como na cantiga 1204, describe metaforicamente as relacións sexuais.
Por outra parte, varias das cantigas de Meogo (véxanse tamén UC 1204, 1205, 1206), en maior ou menor medida, está presente a rima asoante ou toante que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583, 584, 585, 586, 606, 609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813, 839), Meendinho (848), Airas Nunez (864, 870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920, 922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (1161, 1163, 1165, 1166, 1167, 1168, 1169, 1170), Martin de Giinzo (1287, 1288, 1289, 1290, 1291), Martin Codax (1295, 1296, 1297, 1298, 1299, 1300).
Nesta composición reaparecen as mesmas dúas voces con -n- intervocálico (fontana, vv. 2, 5, 7, 10; louçana, v. 4) que son utilizadas por Meogo na cantiga 1204, en liña con outras (Granada, avelana, venia etc.) que se manifestan nas cantigas de amigo, sen dúbida como decoración arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).
A expresión aver amores significa, segundo Ria Lemaire, ‘sentir desexo erótico’. Satisfacer ese desexo sería o verdadeiro motivo da tardanza dela na fonte, que é o lugar por excelencia para os encontros amorosos.
Os cervos simbolizan a sexualidade masculina e a augua do manancial é símbolo de fecundidade. O feito de os cervos avolveren a auga, como na cantiga 1204, alude metaforicamente as relación sexuais.
Nótese neste verso (e tamén no v. 16) o uso do infinitivo exclamativo e/ou imperativo (véxase Dias 1970 [1918]: §309), que tamén aparece en Guilhade: Chufar, Don Lourenço, chufar! (1514.35). Un infinitivo con igual valor pode verse tamén, por exemplo, na Crónica de D. João I (1994: 31):
E elles callaromsse e nom disserom nada, leixandosse estar quedos. E ella quamdo isto vio disse: Amdar, pois hora a Deos assi praz, estaae em boa hora.
De calquera forma, non é posíbel a opción editorial de Méndez Ferrín, pois mentís é forma cronoloxicamente moito posterior ao mentides inicial.