1221 [= RM 121,2]
Amiga, grand’engan’ouv’a prender

Amiga, grand’engan’ouv’a prender
do que mi fez creer mui gran sazon
que mi queria ben de coraçon,
tan grande que non podia guarir,
e tod’aquest’era por encobrir
outra que queria gran ben enton.
E dizia que perdia o sén
por mí, demais chamava-me «senhor»
e dizia que morria d’amor
por mí e que non podia guarir,
e tod’aquest’era por [encobrir
outra que queria gran ben enton].
E, quand’el migo queria falar,
chorava muito e jurava log’i
que non sabia conselho de sí
por mí e que non podia guarir,
e tod’aquest’era [por encobrir
outra que queria gran ben enton].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1205, V 810

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 391-392 [= LPGP 794]); Cohen (2003: 438); Fernández Campo (2012: 149); Littera (2016: II, 325-326).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 278); Braga (1878: 152); Machado & Machado (1956: V, 312).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 200).

Variantes manuscritas


1 engan’] angan B   2 gran] grã B   4 podia] podiā V   6 gran] grã B   7 sén] seu V   9 morria] moiria B

Variantes editoriais


14 muito] muit’ Nunes

Paráfrase


(I) Amiga, houben de sufrir un grande engano do que me fixo crer hai moito tempo que me amaba de corazón, tanto que non podía vivir, e todo isto era por encubrir outra que entón amaba.

(II) E dicía que perdía a cabeza por min, e mesmo me chamaba «señora» e dicía que morría de amor por min e que non podía vivir, e todo isto era por encubrir outra que entón amaba.

(III) E, cando el quería falar comigo choraba moito e logo alí xuraba que non sabía que facer consigo por causa miña e que non podía vivir, e todo isto era por encubrir outra que entón amaba.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10c 10C 10B (I [= RM 193:1]) + 10a 10b 10b 10c 10C 10D (II-III [= RM 198:4])

Encontros vocálicos: 14 muito‿e

Notas


Texto
  • *

    Na regular disposición métrica que adoptamos, en liña con todas as precedentes edicións, o primeiro verso de cada estrofa presenta rima libre; é por isto que Montero Santalla propón a unión dos vv. 1-2 como un único verso de vinte sílabas (Montero Santalla 2000: I, 592).

    Por outra parte, nótese a presenza de guarir como palabra rimante no 4º verso de todas as estrofas, o verso previo de transición ao refrán que, como noutras cantigas, presenta variación mínima (mesmo é idéntico nas estrofas II-III). Véxanse situacións similares nas cantigas UC 26, 532, 1052 ou 1622, entre outras.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado