I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 308-309); Marroni (1968: 263-265 [= LPGP 746]); Cohen (2003: 446); Littera (2016: II, 248).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 280); Braga (1878: 154); Machado & Machado (1956: V, 321).
8 porque] Pº q̄ B 9 gran] g̃ra B 10 én] ende BV; verra] veira B 12 sera] se la V 13 dizede] (diz) dizede B : dizete V 14 gran] g̃ra B 15 queira] q̅ira B : q̅rria V; non] om. B 18 tenhan] nō tenhā BV
2 -vos] vus Marroni 5 sab’, [e] o pesar] sab[ed’: o] pesar Nunes, Marroni : sab[ed]’ o pesar Cohen 6 por] per Cohen 9 lhi] lhe Nunes 17 m’end’] mentr’eu Nunes 18 mi] mi-o Nunes
(I) –Polo meu amigo, amiga, vos quero agora preguntar –porque se foi daquí moi enfadado comigo e nunca máis o vin– se sabe xa que outro me ama.
–Por Deus, amiga, sábeo, e o pesar que hoxe el ten non é por outra causa.
(II) –Amiga, pésame de corazón que o saiba, pois teño moito medo de perdelo, e ídelle dicir que non lle pese, pois nunca lle virá mal por causa diso e, cando el souber esta explicación, sei que axiña estará aquí comigo.
(III) E dicídelle que non teño poder para evitar, se moito me quixer, que me queira, pois non coñezo ningunha muller que poida evitalo de ningún outro xeito agás por isto que eu farei ao respecto: non facer nada que me recriminen por mal (feito).
(1) E así que o meu amigo viñer, sei ben que nunca me poderá escoitar outra cousa.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 10c (= RM 183:7) + 10a 10c
Fronte a un texto emitido por unha única voz, a da amiga, presentamos a cantiga cunha articulación dialogada entre dúas amigas (véxase nota aos vv. 5-6).
Nótese a tmese métrica de tipo simple, en que o verso segmenta a base verbal e o clítico, que pasa para o verso seguinte (preguntar- / -vos). Tal segmentación versal volve aparecer en 123.24-25, 142.30-31, 430.10-11, 476.10-11, 1263.10-11, 1445.20-21, 1476.3-4 e 1543.14-15. Véxase nota a 14.22-23, 37.18-19, 482.1-2, 1542.3-4.
Obviamente, outro refírese a outro pretendente.
A modulación textual-interpretativa do período a través da necesaria reintegración de unha sílaba no v. 5 e da puntuación na pasaxe é diverxente noutras edicións, onde non interveñen dous interlocutores. Véxase Nunes e Marroni:
se sabe ja ca mi quer outro ben,
par Deus, amiga, sab[ed’: o] pesar
que oj’el á, non é por outra ren.
Finalmente, eis Cohen, con sintaxe forzada:
se sabe ja ca mi quer outro ben,
par Deus, amiga, sab<ed>’ o pesar
que oj’ el á non é per outra ren.
Con Littera, acreditamos en que na primeira estrofa xa falan as dúas amigas (así o confirman as estrofas II-III, que corresponden á primeira interlocutora), ao tempo que a plenitude métrica do v. 5 se consegue coa integración da copulativa, que consegue a reiteración do verbo saber como resposta gramaticalmente canónica á pregunta formulada co mesmo verbo:
– Por meu amig’, amiga, preguntar-
-vos quer’eu ora (ca se foi d’aqui
mui meu sanhud’e nunca o ar vi)
se sabe ja ca mi quer outro ben.
– Par Deus, amiga, sab’, [e] o pesar
que oj’el á non é por outra ren.
A adición espuria de non nos cancioneiros italianos por lapso de copia é indicada polo sentido e pola métrica. Neste sentido, algunhas veces existe diverxencia na transmisión dos manuscritos: A vs. B (198.r1, na estrofa I), B vs. V (808.10); outras veces, a pesar da coincidencia dos manuscritos BV, é obvio que non debe ser expunxido, como acontece neste verso (véxase tamén 801.13, 1144.8, 1261.15, 1492.9 ou 1495.15).