I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 401-402); Zilli (1977: 121 [= LPGP 414-415]); Cohen (2003: 465); Littera (2016: I, 483-484).
II. Antoloxías: Monaci (1875: 287-288); Braga (1878: 157-158); Machado & Machado (1956: V, 343-344); González (2015a: 151).
2 juras] uiras V 5 creede] cre\e/de V 8 mais] (N)Mays B 9 fez] foz V 10 façades] facades B : fazades V 11 ben] bō B 16 fazer] fez̄ V; quant’i] quãti B 17 morrer, morrerá] moirer moirera B 20 faz e] faza V 21 por] Pº B 22 verra] ueira B 23 bõa] boa B; prazera] praza en BV 24 morrer] moirer B; praza én] praz’a B : praç̃a V
1 cuidades, amig’, a fazer] cuidades, amiga, fazer Nunes, Zilli, Cohen, Littera 2 vos] vus Zilli 3 nunca] nunc’a Nunes 4 vos] vus Zilli 9 vos] vus Zilli 15 vos] vus Zilli 20 quen] que Nunes, Zilli, Cohen; quen o tever] que mo tever Littera 22 mas ... morte] ma[i]s ... mort’, e Nunes : ma[i]s .... mort’e Zilli 23 bõa] boa Zilli 24 non mi praza] mi prazerá Nunes, Zilli : nom mi praz’há Littera
(I) –Como pensades, amiga, facer cos grandes xuramentos que vos vin pronunciar de que nunca perdoariades o voso amigo? Porque vos direi de que modo o vin: que sen o voso ben crédeme que nada o pode librar da morte.
(II) –Todo iso, amiga, ben pode ser, mais farei o posíbel por me vingar do que me el fixo –e, se iso vos pesa, non lle fagades ao voso así–, xa que ben vistes canto lle prohibín que se fose, e non me quixo crer.
(III) –Por Deus, amiga, vinganza tan sen sentido nunca a faredes vós, se Deus quixer e se o puider evitar, nin vos era necesario facela, pois vedes o que iso implica: se o voso amigo morrer, morrerá polo ben que fixo e non por outra cousa.
(IV) –Amiga, eu non podo considerar como un ben o que me el fai, e quen o teña por ben tal haxa daquel que ama, mais só da morte lle virá mal, abofé, que non me agradará, aínda que a súa morte tampouco me praza.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a (= RM 189:6)
Consideramos a existencia, a diferenza dos precedentes editores, da preposición a como elemento que liga cuidar co infinitivo (cuidades, amig’, a fazer), construción maioritaria na lingua trobadoresca. En calquera caso, a interlocutora é a amiga.
É errada a segmentación que Nunes realizou na súa edición (*nunc’a voss’amigo perdoar), considerando a existencia da preposición a para introducir o CD de perdoar que Nunes realizou na súa edición (*nunc’a voss’amigo perdoar).
En face de vingança, a voz vinga é derivado regresivo de vingar, que só volve aparecer noutra ocasión no corpus profano (1607.12), sen que se rexistre na restante produción medieval.
De novo se rexistra a variante reducida mas da adversativa, forma, en xeral, máis característica dos textos copiados no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 692.10), pois en BV só presenta catorce ocorrencias (véxase tamén 733.15, 749.15, 789.6, 1038.4, 1046.10, 1201.10, 1225.4, 1245.6, 1282.10, 1387.13, 1432.21, 1573.5, 1652.29).
No proceso de copia, foi trocada a posición da secuencia final destes versos, con inversión do(s) elemento(s) rimante(s):
B: V:
<Per boa fe q̄mi nõ praza en <per bõa fe quemi nõ praza en
Pero del morrer nõ mi praz’a> ꝑo del morrer nõ mi praç̃a>
Carece de sentido e de xustificación a segmentación praz’á de Littera.