1254 [= RM 95,5]
Eu, louçana, enquant’eu viva for

Eu, louçana, enquant’eu viva for
nunca ja máis creerei per amor,
pois [que] me mentiu o que namorei:
nunca ja máis per amor creerei,
pois que mi mentiu o que namorei.
E, pois m’el foi a seu grado mentir,
des oimais me quer’eu d’amor partir,
pois [que] mi men[tiu o que namorei:
nunca ja máis per amor creerei,
pois que mi mentiu o que namorei].
E direi-vos que lhi farei por én:
d’amor non quero seu mal nen seu ben,
pois [que] mi mentiu o que na[morei:
nunca ja máis per amor creerei,
pois que mi mentiu o que namorei].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


B 1238, V 843

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 409 [= LPGP 633]); Fernández Graña (1994: 46); Cohen (2003: 473); Littera (2016: II, 107).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 290); Braga (1878: 159); Machado & Machado (1956: V, 353); Montero Santalha (2004); Pardo de Neyra (2005: 65-66); Celeiro Álvarez (2021:100).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 300); Álvarez Blázquez (1975: 71-72); Ferreira (1988: 67); Ferreira (1991: 78).

Variantes manuscritas


1 louçana] loucana B   7 quer’eu] q̅ren B : queren V

Variantes editoriais


En Littera o refrán está constituído unicamente polos vv. 4-5 de cada estrofa.

3 me] mi Cohen, Littera   8 mi] me Nunes   10 mi] me Nunes   13 mi] me Nunes   15 mi] me Nunes

Paráfrase


(I) Eu, louzá, mentres viva, nunca máis xa crerei no amor, pois que me mentiu o que namorei: endexamais crerei no amor, pois que me mentiu o que namorei.

(II) E, pois me mentiu voluntariamente, desde agora quérome apartar do amor, pois que me mentiu o que namorei: endexamais crerei no amor, pois que me mentiu o que namorei.

(III) E direivos que lle farei por iso: do amor non quero nin o seu mal nin o seu ben, pois que me mentiu o que namorei: endexamais crerei no amor, pois que me mentiu o que namorei.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10B 10B 10B (= RM 42:8)

Notas


Texto
  • 1

    Nesta composición aparece o adxectivo louçana, con -n- intervocálico, en liña con outras formas ( avelana, Granadairmana, sanovenia etc.) que se manifestan nas cantigas de amigo, sen dúbida como decoración arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b). Con todo, estas voces poden aparecer tamén, aínda que moi esporadicamente, noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

  • 2

    O sintagma ja máis aparece reiteradamente copiado nos códices da lírica profana sempre como dous elementos independentes agás nesta cantiga (vv. 2 e 4) e mais en 1515.4, onde, fronte a V, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional volve presentar a lección <iamays>.

  • 3

    A integración de que para asegurar a isometría do verso completa tamén a repetición do verso no refrán: esta reiteración detéctase en parte dos refráns triversais, en que un verso é parcial ou totalmente repetido.

    Nótese, ademais, a leve variación lingüística (anulada en todas as edicións) nesta ocorrencia do refrán, coa presenza da variante pronominal me en face de mi nas seguintes estrofas. Cfr. nota a 27.4.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado