1255 [= Tav 95,7]
Gran sazon á, meu amigo

Gran sazon á, meu amigo,
que vos vós de mí partistes
en Valong’e non m’ar vistes,
nen ar ouv’eu depois migo
de nulha ren gasalhado;
mais nunca tan desejado
d’amiga fostes, amigo.
Nen vos dira nunca molher
que verdade queira dizer
nen vós non podedes saber
nunca per outren, se Deus quer
ou se eu verdad’ei migo,
que nunca vistes amigo
tan desejado de molher.
Pero ouvestes amiga
a que quisestes mui gran ben,
a min vos tornade por én
se achardes quen vos diga
senon assi com’eu digo:
que nunca vissen amigo
tan desejado d’amiga.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1239, V 844

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 410 [= LPGP 634]); Fernández Graña (1994: 52); Cohen (2003: 474); Littera (2016: II, 107-108).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 290); Braga (1878: 159); Machado & Machado (1956: V, 353-354); Montero Santalha (2004); Pardo de Neyra (2005: 66-67); Celeiro Álvarez (2021:101).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 72); Magalhães (2007: 107).

Variantes manuscritas


4 nen] rē B   5 nulha] mi lha B   11 outren] out̃ B   15 amiga] amigo BV   16 a que quisestes] (aq̄ q̄sestes) / A qui qi sestes B; gran] grã B   18 se] Sē B

 

Paráfrase


(I) Hai moito tempo, meu amigo, que vós vos apartastes de min en Valongo e non me vistes máis, nin tiven eu despois pracer de cousa ningunha; mais nunca fostes tan desexado por amiga, amigo. 
(II) Nin nunca muller que queira dicir verdade vos dirá nin vós nunca poderedes saber por outra persoa, se Deus quere ou se teño razón, que nunca vistes amigo tan desexado por muller. 
(III) Aínda que tivestes amiga a que quixestes moito, volvede a min por iso se encontrades quen vos diga así como vos eu digo: que nunca viron amigo tan desexado por amiga.

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’b 7’a 7’c 7’c 7’a (I [= Tav 161:295]) + 8a 8b 8b 8a 7’c 7’c 8a (II [= Tav 161:282]) + 7’a 8b 8b 7’a 7’c 7’c 7’a (III [= Tav 161:285])

Notas


Texto
  • *

    Nótese a repetición da palabra rimante no primeiro e último verso de cada estrofa (I amigo; II molher; III amiga).

  • 3

    Valongo probabelmente alude a un lugar dese nome da parroquia de Aguasantas (Cotobade, Pontevedra), moi preto de Perocelo (cfr. Martin de Padrozelos), próxima tamén á igrexa de San Salvador da Lama, tamén en Pontevedra (Souto Cabo 2018: 93).

  • 5

    O substantivo gasalhado, en xeral coa acepción de ‘pracer (compartido)’ (véxase nota a 1192.13), é voz utilizada preferentemente en cantigas de amigo: fóra deste xénero só volta aparecer en 466.24 e 1487.15.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado