1273 [= RM 51,3]
Meu amigo sei ca se foi d’aqui

Meu amigo sei ca se foi d’aqui
trist’, amiga[s], porque m’ante non viu
e nunca máis depois el ar dormiu,
nen eu, amiga[s], des que o non vi:
nunca depois dormi, per bõa fe,
des que s’el foi, porque non sei que é
del, amigas, e agora serei
morta porque o non posso saber,
nen mi sab’oje nulh’ome dizer
o que del ést’; e máis vos én direi:
nunca depois dormi, per bõa fe,
[des que s’el foi, porque non sei que é]
del, amigas, e and’ora por én
tan triste que me non sei conselhar,
nen mi sab’ome oje recado dar
se verra ced’; e máis vos direi én:
nunca depois dormi, per bõa fe,
[des que s’el foi, porque non sei que é]
del, amigas, e ‘ssi el coitad’é
por mí, e eu por ele, per bõa fe.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1257, V 862

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 423 [= LPGP 340-341]); Cohen (2003: 491); Littera (2016: I, 384-385).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 295); Braga (1878: 162); Machado & Machado (1956: V, 370).

Variantes manuscritas


3 dormiu] dormuj V   5 bõa] boa B   6 des que s’el foi porque] desqȝ sel foy poz que V   10 vos] nꝯ V   16 verra] ueira B; ced’; e] çece B; én] eu B   17 bõa] boa B   19 'ssi] se B

Variantes editoriais


19 'ssi] se Nunes, Cohen, Littera   20 e eu por ele] e eu por el Nunes : com’eu por el Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Sei que o meu amigo se foi de aquí triste, amigas, porque non me viu antes e despois tampouco el durmiu, nin eu, amigas, desde que non o vin: endexamais durmín despois, abofé, desde que se el foi, porque non sei que é (II) del, amigas, e agora morrerei porque non o podo saber, nin me sabe hoxe ninguén dicir o que é del; e máis vos direi diso: endexamais durmín despois, abofé, desde que se el foi, porque non sei que é (III) del, amigas, e ando agora por iso tan triste que non sei que facer, nin me sabe ninguén dicir hoxe novas de se virá axiña, e aínda vos direi diso máis: endexamais durmín despois, abofé, desde que se el foi, porque non sei que é (1) del, amigas, e así el anda coitado por min e eu por el, abofé.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:68) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 15 ome‿oje; 20 mí,‿e

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas; foi incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 2

    A presenza de amigas nos vv. 7, 13 e 19 fai con que se deba restaurar o plural nos vv. 2 e 4.

  • 19-20

    A expresión na fiinda é certamente estraña, mesmo contraditoria co fío discursivo da cantiga, moi probabelmente por problemas de transmisión textual. Isto explica a emenda de Cohen (e Littera), que transforma o e orixinal do v. 20 en com(o). Neste sentido, achamos que a emenda de se (v. 19) en prol de ‘ssi resolvería satisfactoriamente texto e o sentido: ‘... non sei que é del, amigas, e así el anda coitado por min e eu por el, abofé’. O mesmo erro pode verse en UC 82.10, onde B presenta a incorrecta lección <se> fronte a <si> no Cancioneiro da Ajuda: ca ‘ssi <casi> A, <ca se> B.
    Por outra parte, todos os editores coinciden en corrixir a variante ele por razóns métricas. Non obstante, a sinalefa mí‿e (presente tamén, por exemplo, en 3.20; outras similares en 633.3, 1244.13) permite respectar a lección unánime dos códices.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado